10/12/11

10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Estivo connosco Mari Carmen, e trouxo con ela a Conchi e Fito, de "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui". Contáronnos moitas cousas que non sabiamos, nin imaxinabamos, sobre as condicións de vida nos campamentos de refuxiados, sobre os motivos polos que están así.
A algúns e algunhas soltóusenos unha bágoa.
Tal vez agora valoraremos máis as cousas que temos.
Gracias aos tres pola vosa colaboración e parabéns por ser unhas persoas tan SOLIDARIAS.


                          



Tamén soubemos o que é o Bubisher, un proxecto ao que imos aportar unha pequena colaboración, xunto con moitas Bibliotecas Escolares Galegas: un fermoso album ilustrado:



Esta é unha das súas páxinas: aí queda para pensar...






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...