4/12/12

A MIN NON ME COMAS!

Recibimos, no noso novo recuncho de contacontos, a Miguel, o pai de Rocío.
O conto elixido desta vez foi "A min non me comas", de Margarita del Mazo e Vitali Konstantinov,  un conto no que o medo é protagonista:
"-Son o monstro terrible e vermello!
Estouche vendo o pelello!
Teño moita fame e voute comer!"

Miguel fixo pasar un momento agradable á súa audiencia, vendo que ao final sempre se poden vencer os nosos medos.


Moitas grazaaas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...