10/12/12

ARTUR E CLEMENTINA

Hai uns días, un grupo dos axudantes da Biblioteca leu para tod@s  "Artur e Clementina". Hoxe presentámosvos esa lectura recollida nun vídeo para escoitar cantas veces queirades. No día en que se conmemora a Declaración Universal dos Dereitos Humanos serve este conto para reflexionar: toda persoa ten dereito a desenvolverse libremente como tal (artigo 26), e non debe ser discriminada por razón de sexo, raza, relixión ou condición (artigos 1 e 2).
 A discriminación pode estar mesmo á nosa beira; é preciso saber identificala e rexeitala, para entre tod@s crear unha sociedade máis xusta e feliz.
Moitas grazas a Sandra, Alfonso, Elena, Marina, Josué, Sergio e Lucía polo seu interese e polo seu traballo.

                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...