25/2/13

CONTOS E CONTOS...


Begoña, a mamá de Adrián e Alex estivo na Biblioteca lendo e contando aos máis peques o conto "Chibos Chibóns". 

É un orgullo para estes cativos, e un acto de xenerosidade,  compartir cos demais a súa contadora de contos particular, a que si rapaces?



E uns días despois foi o papá de Xián quen chegou cunha maleta chea de ideas para contarnos "Sacapenas", amosando unha grande profesionalidade. Deixounos uns pequeniños sacapenas para cada un, ata para as profes: que sorte! Xa nos podemos librar de moitas preocupacións:



É unha ledicia para a escola contar con tantas familias que colaboran no fomento da lectura.
GRAZAS AOS DOUS!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...