12/3/13

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Os nenos e nenas de 6º rematamos de ler "Mil cousas poden pasar", libro I, e hoxe mesmo tivemos a sorte de poder coñecer ao seu autor e falar con el sobre o libro. Pero Jacobo tamén é ilustrador e debuxante de cómic e contounos como fai o seu traballo. Como novidade todos puidemos ver como vai ser o número 2  de Marcopola (Os piratas da Lúa), que vai ser publicado proximamente, toda unha honra!

                     

Ademais, a partir de agora, na nosa biblioteca MIL COUSAS PODEN PASAR se entras e les. 
Grazas a Jacobo polas súas explicacións, pola súa amabilidade, por firmar os nosos libros e, sobre todo, por contaxiarnos unhas tremendas ganas de debuxar e de inventar historias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...