14/6/13

PREPARA UN VERÁN CON LECTURAS

A nosa biblioteca pon a disposición de toda a comunidade educativa a posibilidade de "acoller" un libro dos que vimos de descatalogar por deterioro ou excesiva antigüidade. Seguro que aínda nos deparan algunha sorpresa no seu interior... hai tanto tempo que non saen dos andeis! 


O alumnado de 5º preparounos este punto de recollida


Curiosos e curiosas xa se van achegando


Pero tamén durante a última semana de curso realizaranse os préstamos  para o verán, na Biblioteca.


E ademais, deixámosvos algunhas suxestións no Boletín de verán, que xa saiu para as casas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario