19/1/14

VICHES O LEÓN?

          —Viches  o  león?
          –preguntou a ra–.
          Tráiolle unha carta
          que recende a herba e
          
Guillerme lendo "Viches o león?"
          a flores frescas.

Desta maneira iniciou Guillerme, o papá de Xián e representante das Familias Lectoras, o conto desta semana.
E da mesma forma que fixo a ra, Guillerme foi repetindo aos distintos animais da selva a pregunta para que fose posibel que descubrísemos o paradeiro e a causa da desaparición do rei da selva.


Viches o león? en OQO

O libro do que sacamos este fragmento e que nos relatou foi Viches o león? de  Armando Quintero.



Todos disfrutamos coa "tolería" do león por conseguir un anaco da lúa para a súa namorada e co relato que nos regalou Guillerme.
Moi agradecidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario