13/3/14

ASÍ FOI O NOSO ENTROIDO


A nosa carteira trouxo unha carta do Meco para as aulas do 1º ciclo, na que dicia que había que disfrazarse dos Servizos Públicos.
Os nenos e nenas responderon, comunicándolle que elixiron o disfraz de bombeiro.


Nas aulas de E. Infantil decidiron que se disfrazarían de carteiros:


Os maiores de 5º e 6º escribiron un correo electrónico á Policia Local solicitando a súa visita. Amablemente responderon e estiveron con eles na Biblioteca nunha longa conversa explicando en que consiste o seu traballo e asesorando para o disfraz. Tiveron que responder a moitísimas preguntas.



E nas aulas de 2º ciclo prepararon os disfraces de traballadores de mantemento do Concello. Elaboraron a súa propia canción poñendo a letra á melodía que lles facilitou a profe de música:

                                                 

 Chegado o día, carteiros, bombeiros, policías e persoal de mantemento lucimos os nosos disfraces xunto cos outros coles e bailamos coreográfías, no Pavillón de Leirado por mor da chuvia, pero pasamos unha xornada divertida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario