12/3/14

CORRESPONDENCIA CO COCO

Vaia, que pasa cando algún adulto che di que se non comes vén o coco??? O protagonista deste conto fai frente á situación e inicia un intercambio de cartas co coco.  Deste modo tan valente e sen darse conta, descubre outra forma de comer. A comunicación soluciona moitas cousas verdade?
"E leva aos nenos que non comen non", de Geertje Gort, Editorial Edelvives, foi o libro que leu Lucía, a mamá de Nayara, para os nenos e nenas de E. Infantil.
Moi content@s de tela de novo na nosa Biblioteca. Grazas e ata a próxima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario