22/4/14

COMO SE FAI UN LIBRO?

Hoxe recibimos na Biblioteca a Laura Rodríguez Herrera, de Hércules Edicións e máis a Minia Martínez Seijas, ilustradora. Viñeron a explicar con detalle o proceso da elaboración dun libro ao alumnado de 3º ciclo. Así o relatan os nenos e nenas de 6º:


Esta visita foi para mostrarnos un pouco como é a industria do libro.(Sara)
A función dunha editorial é crear libros para gardar a información. (Alfonso)
Primeiro se necesita unha boa idea e un título bonito.(Yago)
O máis importante é a portada. (Rubén)
Despois de escribilo hai que mandarllo á editorial por correo electrónico, para que eles elixan o que lles parece mellor para publicar. (Brais)
A editorial pode mandar traducir ao idioma que o escritor lle pida e encargará os debuxos a un ilustrador. (Marta)
Corrixen a ortografía e despois  envíano á imprenta. (Sergio)
Un papel moi grande vaise dobrando dunha determinada maneira, con iso fanse unha especie de cuadernillos que se cosen ao lombo do libro. (Brenda)
Hai moitos tipos de follas, as máis finas se usan para novelas, outras máis grosas para contos de nenos... (Gabriel)
Tamén hai diferentes tons de branco. (Cristian)
As máquinas que poñen o color utilizan o negro, cyan, magenta e amarelo. (Alfonso)
E se precisas unha foto dun lugar teñen que chamar a un fotógrafo e pagarlle, non se poden sacar de internet. (Bruno)
Unha tirada é a cantidade de exemplares, aquí en Galicia pode ser entre 1.000 e 1.500. (Cristian)
Todo o proceso tarda bastante tempo, dependendo do libro que sexa, pode ser entre dous meses e un ano. (Sergio)
Ensináronnos fotos de imprentas antigas e novas. (Michael)
Non imaxinaba así todo este proceso. (Sara)
Nunca pensei que un libro dera tanto traballo. (Brenda)
Foi moi interesante e aprendín moitas cousas. (Michael)


No hay comentarios:

Publicar un comentario