9/11/14

LOGOTIPO DO PROXECTO

Este curso achegarémonos ás Matemáticas dende distintas perspectivas:
  • Modificaremos a nosa mirada para ver matemáticas en moitos aspectos das nosas vidas e mesmo na natureza.
  • Aprenderemos a expresarnos coa linguaxe matemática, apropiándonos do seu vocabulario específico.
  • Indagaremos no nacemento das matemáticas para responder a necesidades da vida humana ou como reflexión, observación e expresión artística.
  • Encontraremos matemáticas nos textos literarios e atreverémonos a crear os nosos propios textos.
Presentamos o logo do proxecto, creado polo profe Jorge. Nel reflíctese ese cambio nas nosas mentes, para que a matemática sexa ilusionante e reveladora. Grazas profe!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario