2/12/14

O HOME QUE CALCULABA

Hoxe tivemos a primeira sesión das "Familias lectoras"deste curso, estivo na nosa Biblioteca Asun, a nai de Darío e Guillermo. Leu  e contou, para a alumnado de 5º e 6º de Primaria, o capítulo III de "O home que calculaba", narración dun curioso reparto de camelos que nos sorprendeu e deixou con curiosidade, con ganas de descubrir  e de poñernos a calcular.

 
Encantounos a historia, tan ben contada, transmitindo entusiasmo e provocando interese.
Deixou no noso libro de visitas unha bonita mensaxe.
Moitas grazas Asun!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...