3/3/15

O XASTRIÑO VALENTE

Nova visita familiar!!!
Manu convidou a súa mamá Elena a contarnos un conto aos de 1º e 2º: "O xastriño valente". 
Conto dos irmáns Grimm, adaptado por Xoan Couto.
Este xastre que se adicaba aos seus cosidos foi quen de facerlle fronte a numerosos contratempos, coa súa intelixencia, para conseguir os seus propósitos.
Libro con moi fermosas ilustracións nas que o seu ilustrador, José Ignacio García, facendo alusión ao traballo do xastre, usa a agulla e o fío para  levarnos a un mundo de moscas, xigantes, unicornios e un xabaril.






Quedamos tan encantad@s que ao chegar á aula, decimos facer un libro coas  ilustracións do conto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario