20/4/15

A CASA DOS GATOS

Conto da Editorial Kalandraka, escrito e ilustrado por Alicia Suárez.

A nosa última convidada foi Cristalina, a mamá de Lucía de 1º, que nos sorprendeu con un deses contos que están agochados na Biblioteca e que un día cae dende un andel ás nosas mans e nos trae un mundo de maxia e fantasía... "A casa dos gatos"

"Fálanos dunha nena que vive maltratada pola súa madrasta, até que un día atopa un buraco no oco da raíz dunha col e por alí chega á casa dos gatos; onde o traballo que ela realiza vese recompensado ..."
 




Moitas grazas Cristalina, as portas da Biblioteca sempre estarán abertas para quen nos queira relatar un bonito conto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario