30/1/17

O SEGREDO DO HORTO DE LINO

Este é un conto que nos chega da organización "Manos Unidas", moi axeitado para o noso proxecto e para este Día Escolar pola Paz.
Un grupo de axudantes da biblio e máis a profe Mariluz puxéronse a traballar para ofrecernos hoxe esta historia a todo o cole, con monicreques de pau.
As hortalizas compiten por ser a máis grande, pero o pequeno tomate cherry failles ver que o tamaño non importa, todas son necesarias para unha boa alimentación, e as pequeniñas sementes son as que gardan dentro de sí o máis importante...

Deixamos o conto en vídeo e AQUÍ  a nosa versión traducida e adaptada.
   
          

 Algunhas imaxes da actividade:






Despois todos sementamos as nosas particulares sementes, que agochan no seu interior  moitos desexos de Paz. Agardamos que medren moito!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...