23/6/17

GRAZAS E ATA PRONTO!

Despois de entregar as bolsiñas de préstamo de verán a todos aqueles que a solicitastes, rematamos a actividade da Biblioteca por este curso. Ímonos un pouco máis grandes, por fóra e por dentro...
O equipo de alumnado axudante recibiu os diplomas acreditativos das súas horas de voluntariado e un pequeno agasallo da biblio...

 
...ademais deste marcapáxinas, que tamén fixemos chegar ás familias colaboradoras na Hora de Ler, un grande equipo SOLIDARIO nesta aventura de facer lectores e lectoras.

Moita sorte aos maiores que se van ao instituto (sabemos que non vos perderemos de vista), boas vacacións e ata o próximo curso!

No hay comentarios:

Publicar un comentario