25/10/17

XORNADA ESCORNABÓTICA E ARTÍSTICA

Na nosa biblio estamos de estrea!!! Inauguramos a nosa "ROBOTECA", un recuncho no que  atopamos recursos para fedellar, pensar e crear coas nosas mans.   O Pacho Librín robotizado encargarase de custodiar o noso tesouro máis prezado:  4 escornabots cos que neste curso argallaremos unha morea de actividades.

 No Día da Biblioteca, todos os grupos coñecemos e experimentamos cos Escornabots, realizando actividades relacionadas co mundo das artes, entrando en materia do noso proxecto deste curso. So hai que ver as imaxes para darnos conta do interese que espertou a experiencia.

            Relacionamos e emparellamos actividades artísticas con diferentes criterios segundo a idade: cores similares, imaxes entre sí, imaxes con nomes, nomes con definicións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario