2/4/18

OS LIBROS FAN GRANDE O MÁIS PEQUENO

Comeza abril con este atractivo lema, do texto de Inese Zandere para o Día Internacional do Libro Infantil.

 Convén lembrar que un 2 de abril nacía Hans Christian Andersen, autor de moitos contos infantís mundialmente coñecidos, razón pola que foi escollida a data para esta celebración.

Coñeces cales son os contos de Andersen?

Tal vez a lectura de literatura actual fai que esquezamos quitar dos andeis estas obras de sempre que non debemos deixar de coñecer. 
Propoñémosvos unhas actividades estupendas, traballo de Julia González, para coñecer a este autor e algunhas das súas obras dunha forma moi entretida:

http://engalego.es/panel/alm/chs/bibliocole/lim_andersen1/lim_andersen.html


E para quen se anime, unha proposta interesante, concurso Andersen en cómic:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/Concurso_Andersen_bases_gl.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...