Páginas

4/10/24

ARTE PARA LOITAR CONTRA O LUME

Despois de ordear noso espazo na clase adicado a arte, o equipo de sexto decatámonos de que tiñamos un montón de retais de papel de diferentes cores, tamaños e texturas. Que podiamos facer con eles? Como nesta clase somos moi de reutilizar, decidimos crear un collage colectivo. Mans á obra!





A temática do collage tivémola clara desde o principio: amosar noso rexeitamento polos incendios que se estaban dando en Portugal, e tamén o noso apoio e solidariedade co país veciño.



O resultado final expuxémolo no exterior da aula, para que fora accesible ao resto de clases do cole. .


No hay comentarios:

Publicar un comentario