Hoxe tivemos unha nova xuntanza do club de lectura de adultos. Neste tempo estivemos lendo novos xéneros que pouco tratamos ata o de agora. Por unha banda afondamos na novela histórica a través do libro " Winnipeg" de Hixinio Puentes. Mediante o relato do protagonista, das súas vivenzas e a dos seus irmás, achéganos á idea de como eran os días de guerra, dictadura e represión .
Iniciámonos tamén na lectura de ciencia ficción, desta vez con "DX" de Eli Ríos. Unha novela que invita á reflexión sobre varios aspectos coma o consumsmo, a escravitude do culto á beleza, o patriarcado e a súa infinita influenza...todo isto nun escenario ficticio na Galiza do ano 2030
Para esta xuntanza tivemos a sorte de poder contar coa autora para conversar e compartir impresións.
Mantivemos unha video chamada con Eli Ríos, a maiores de pasar un rato moi ameno e divertido, reflexionamos xuntas sobre unha morea de aspectos interesantes que se agochan nas páxinas desta obra.
Moi agradecidas á autora por vir parolar con nós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario