Hoxe tivemos unha nova xuntanza do club de lectura de adultos. Neste tempo estivemos lendo novos xéneros que pouco tratamos ata o de agora. Por unha banda afondamos na novela histórica a través do libro " Winnipeg" de Hixinio Puentes. Mediante o relato do protagonista, das súas vivenzas e a dos seus irmás, achéganos á idea de como eran os días de guerra, dictadura e represión .
Páginas
29/5/25
CLUB LECTURA ADULTOS
26/5/25
CREAMOS NA IMPRESORA 3D
A semana pasada tivemos un pequeno incidente no areeiro do colexio. Algunhas das palas rompéranse e a rapaciada non tiña con que xogar.
Foi ahí cando se lles ocorreu que podiamos crear as palas no cole coa impresora 3D e puxémonos mans á obra.
Este foi o resultado:
19/5/25
VISITA DAS CANTAREIRAS: PALMIRA DE LIRA E O GRUPO ANTRE AS CANAS
A semana pasada tivemos unha visita moi especial:
16/5/25
CREAMOS CHAPAS NA IMPRESORA 3D PARA CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS
Esta semana tivemos a impresora 3D a pleno rendemento. Fabricamos máis de 100 chapas para conmemorar o día das letras galegas. Cada alumn@ do cole decorou a súa para levala posta o día do festival. Foi todo un éxito!
13/5/25
NINGUÉN SEN LECTURA
Na nosa biblioteca queremos que a lectura sexa algo accesible para todo o mundo e por iso temos o noso recuncho de audiolibros, gravados polo noso voluntariado.
Ademáis desta iniciativa, tamén temos libros de lectura fácil repartidos polas estanterías e que poderás diferencialos pola pegatina que teñen no lateral