21/12/24

CLUB DE LECTURA DE ALUMN@S 1º TRIMESTRE

 A finais deste primeiro trimestre @s compoñentes dos clubs de lectura  de primaria estiveron a súa xuntanza habitual para comentar as súas impresións sobre lecturas que fixeron.

O grupo de 6º de Primaria estivo lendo "A folla Azul", unha historia de Andrea Maceiras, sobre o desproporcionado do home aos recursos naturais do planeta, á vez que clama polo respecto a outras formas de vida e á natureza. 




Durante a xuntanza expuxeron as súas ideas sobre o tema de fondo, así coma os sentimentos que lles espertaba a protagonista. En base a isto, cada compoñente escolleu  2 palabras que recollían a esencia desta lectura. Recollemos todo nunha nube da palabras, que resultou moi gráfica e significativa.




O grupo de 5º de primaria estivo lendo "A señorita Bubble", de Ledicia Costas. Puideron descubrir todo o fascinante que pasaba no interior da mansión deshabitada na que se instalou esta inventora e polo que a odiaba a xente da vila.





Moi boa nota lle deron a estas dúas lecturas.   Agardando xa polas vindeiras!!

16/12/24

CLUB DE LECTURA DE ADULT@S

Neste trimestre o club de lectura de adultos estivo lendo dúas propostas de autoras galegas.
 "A lúa da colleita" , de Anxos Sumai, que a través da súa protagonista e as súas vivencias e emocións, nos leva a dubidar entre a ficción e a realidade.
 
 

A outra proposta viña da man de María López Sández, "A forma das nubes" é unha novela narrada en primeira persoa na que se reflexa cómo as vivencias na infancia poden determinar a forma de vivenciar  o mundo no futuro.


 Nesta xuntanza comentamos as nosas impresións sobre os libros, o que nos fixeron sentir e pensar, e propuxemos ideas tamén para próximas lecturas.  
  

Mención especial para a nosa compi lectora Rita que nos endulzou a xuntanza cunha torta caseira de cabaza e infusión de herba luisa


Xa repartimos os novos libros, desta volta continuamos cunha historia de María Oruña que comeza coa aparición dun corpo no souto dun mosterio de Ribas de Sil: "O souto dos catro ventos"



 

12/12/24

CONMEMORACIÓNS DO MES DE DECEMBRO

 Durante este mes de decembro foron moitas as conmemoracións que celebramos no noso cole. 

Decidimos facer un programa de radio para explicalas todas: