12/12/25

EXPOSICIÓNS ORAIS SOBRE O NOSO PDI "A AGRICULTURA"


Remata o trimestre e chega o momento no que cada clase presenta, cunha exposición oral, o traballado neste trimestre sobre o noso PDI. A exposición é para todo o cole e realízase na nosa biblioteca. 

A continuación están os enlaces para ver todas as exposicións, esperamos que vos gusten e que aprendades tanto coma nós:

4ºE.I: AS FROITAS DE TEMPADA



5º - 6º E.I: UN LEIRADO DE MILLO


1ºEP: O NOSO PLANETA


2ºEP: PLANTAS DO ENTORNO


3ºEP: A VIÑA E O VIÑO



4ºEP: A  APICULTURA


5ºEP: HISTORIA DA  AGRICULTURA


6ºEP: PLANTAS MEDICINAIS E  AROMÁTICAS

26/11/25

25N: MOCHILAS VIOLETAS DE IGUALDADE

 A semana do 25 de novembro demos saída ás mochilas violetas que, como xa sabedes, van cargadiñas de libros de igualdade.

Este curso, como novidade, aumentamos o número de mochilas e contamos cun total de 9 mochilas violetas, unha por curso. Anteriormente so tiñamos unha mochila por ciclo.

Espero que disfrutedes delas na casa e as utilicedes para reflexionar coas vosas fillas e fillos sobre a importancia da igualdade entre homes e mulleres.

25/11/25

25N: LECTURA DE LIBROS DE IGUALDADE E BOLBORETA

 Cada 25 de novembro, dende a biblioteca de Leirado propoñemos lecturas que fomenten a igualdade e a eliminación de estereotipos de xénero.

Este curso foi o voluntariado quen visitou as aulas para compartir estes contos con todo o alumnado:



Despois da lectura, a rapaciada reflexionou sobre o conto lido e en cada aula fixeron unha lista de palabras imprescindibles para conseguir a igualdade entre homes e mulleres.

Con esas palabras, fixemos unha bolboreta que luce así na entrada do noso cole:



18/11/25

LIBROS SOBRE O PDI: MÁNS A TERRÁ

 Como xa sabedes, este curso o noso PDI xira entorno á agricultura, as plantas e os nosos montes.

Unimos estes novos exemplares  á nosa colección.


3/11/25

LECTURAS TERRORÍFICAS POLAS AULAS NA SEMANA DO SAMAÍN

Durante a semana do Samaín, o voluntariado da biblioteca visitou todas as aulas do cole para contar un conto. Os contos eran temáticos e algún dos títulos foron:

- Un, dous, tres, vampiro ti es!
- Guapa!
- O vampiro Edelmiro!
- Corre, corre, cabaciña!
- Truco ou trato!
- La bruja Brunilda está de aniversario.







31/10/25

TEATRO DE LUZ NEGRA PARA CELEBRAR O SAMAÍN

Chega Samaín e o voluntariado deste curso non para! 

Esta vez adaptaron o conto "GUAPA" de Canizales, para facer un teatro negro con luz ultravioleta que foi todo un éxito. 

Aquí podedes ver o resultado final:




24/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: MOCHILAS VIAXEIRAS

O 24 de outubro, para celebrar o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES", entregamos  as mochilas viaxeiras polos distintos cursos. 10 mochilas que van a viaxar polos fogares do noso alumnado e enchelas de bonitas historias.