23/4/26

AMADRIÑAMENTOS LECTORES NO DÍA DO LIBRO

 O 23 de abril celebramos o día do libro cunha actividade que lle  encanta a todo o alumnado: "amadriñamentos lectores"

 Os maiores do cole recollen aos seus afillados lectores e buscan un recuncho polo patio para disfrutar dunha lectura ao aire libre.




30/3/26

LECTURAS DO VOLUNTARIADO NOS RECREOS

Unha das funcións do noso voluntariado é a de ler contos a aquel alumnado que o desexe. Moitas veces, durante os recreos, os máis pequenos piden axuda para ler e ahí están eles, lendo as historias máis divertidas.


23/3/26

OBRADOIRO NO RECREO: ESPAMPACIÓN CON FROITAS

Durante o segundo trimeste realizáronse diferentes obradoiros na biblioteca durante os recreos. Un deles foi o de estampación con froitas e hortalizas;







4/3/26

FORMACIÓN DE RADIO PARA PROFESORADO E ALUMNADO

Esta semana recibimos formación de radio dentro do programa de Polos Creativos.

A formación estivo dirixida primeiro ao profesorado, cunha sesión de 3 horas e tamén para o alumnado durante media mañá onde aprenderon técnicas vocálicas, ideas para facer guións e programas, uso da mesa de mezclas, etc....




27/2/26

TRABALLANDO CON ROSALÍA

Durante esta semana en todas as aulas soaban os poemas e cantigas de Rosalía de Castro. Incluso o tabolerio de EDLG converteuse nunha homenaxe á nosa artista máis famosa:









23/2/26

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 23 de febreiro,  celébrase o día de Rosalía de Castro, coincidindo coa data do seu nacemento.

Aproveitando a ocasión, o noso voluntariado fixo un programa de radio onde falaron sobre ela:






11/2/26

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

É unha data importante que serve para visibilizar o papel fundamental das mulleres en ciencia e tecnoloxía, promover a igualdade de xénero e fomentar vocaciones STEM (ciencia, tecnoloxía, inxeñería, matemáticas) dende a infancia.

Dende a nosa biblioteca imos a recomendar dous libros:


O primeiro deles é "supermujeres superinventoras: ideas brillantes que transformaron nuestra vida" da escritora Sandra Uve.


A segunda recomendación é este libro de Irene Cívico e Sergio Parra titulado: "las chicas son de ciencias: 25 científicas que cambiaron el mundo".