Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas

13/6/23

OBRADOIRO DE BIBLIOTECA CREATIVA: XOGOS BRAZOLINDA

 Hoxe na nosa biblioteca tivemos un obradoiro moi divertido: Visitounos Brazolinda, que é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego que axudan a desenvolver a capacidade de observación, comunicación, razoamento... a través de adiviñas, as matemáticas ou xogos de agudeza visual, entre outros:



18/4/23

3 en raia na impresora 3D

 Coa nosa impresora 3D elaboramos uns xogos con temática mariñeira para gozar deles no recreo:



8/2/23

NOVO MATERIAL PARA A BIBLIOTECA ARGALLEIRA

 Seguimos ampliando o noso recuncho argalleiro cunha mesa de luz, moitos xogos novos e material para que o alumnado faga as súas creacións nos recreos:




10/3/21

COÑECES OS XOGOS DA BIBLIOTECA?

Alumnado voluntario de 6º quérevos presentar algúns dos xogos novos que temos na Biblioteca. Xa probaron algúns, pero tedes moitos por probar. Atoparédelos na zona da Roboteca Argalleira, hai para todos os gustos!!

29/11/17

CREAR E CONSTRUIR NA BIBLIO

Apareceu na biblio unha caixa, un xogo de engrenaxes. 
Lemos as instrucións e fixemos moitas probas.
Despois de ver que os engrenaxes producían movemento, comezou o xogo.
Ah, pero se ademais engadimos outras cousas...
Construimos, ao tempo que  intercambiabamos ideas,probando, errando, acertando... e ademais divertímonos un montón.

         

3/7/13

DESPEDIDA DO CURSO

Despedimos o curso, dixemos adeus con pena aos axudantes da biblioteca, que xa van para o instituto, e agasallamos aos lectores e lectoras que levaron máis libros, películas, CDs..., ainda que xa sabemos que non quedou ninguén sen pasar pola biblio...
Parabéns!


As mamás e papás lectores tamén recibiron o seu diploma. Aquí están os  representantes  que puideron estar presentes no acto. 


E así disfrutamos cos xogos que nos organizou o profe Pepe. Tivemos que ler as probas atentamente, en equipo, e ser rápidos realizándoas.  Gustounos, hai que repetilos!


FELICES VACACIÓNS E ATA O PRÓXIMO CURSO!!!