Mostrando entradas con la etiqueta curtametraxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curtametraxe. Mostrar todas las entradas

10/6/24

USANDO O CHROMA PARA A NOSA CURTAMETRAXE

 Durante o mes de xuño, as aulas convertíronse en estudos de gravación e o mesmo ocorreu coa biblioteca que tivo moita demanda.

O alumnado de infantil e o alumnado quinto de primaria, usaron o chroma para as súas producións na curtametraxe. 

10/4/24

APRENDENDO OS TIPOS DE PLANOS






Durante o mes de febreiro, o alumnado de terceiro estivo aprendendo sobre os diferentes tipos de plano que se poden atopar nunha película, para así telo en conta cando teñan que gravar a súa curtametraxe.


Primeiro viron dous vídeos onde lles explicaban, logo xogaron a adiviñar e por último levaron a práctica.


Os catro planos aprendidos foron: 

  • plano xeral

  • plano medio

  • primeiro plano

  • plano detalle.


Creo que estes 4 tipos de planos quedaron ben claros.!