Mostrando entradas con la etiqueta abril. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta abril. Mostrar todas las entradas

29/4/22

CONTOS COLABORATIVOS

 Outra das actividades que propuxemos para festexar o Día do Libro foi a confección de contos colaborativos interniveis, nos que participou todo o alumnado do centro! Cada un dos libros comeza cos más pequen@s de Infantil e, curso por curso, e vaise completando a historia ata que sexto lle pon o broche final.   

Naceron así estes oito relatos cooperativos da nosa colleita que compartimos.

26/4/22

CONTOS DE SEMPRE

 Na escola dentro do noso proxecto deste curso, estivemos traballando as lendas do mundo e para ir preparando a nosa volta a Galiza, agora  tocoulle a quenda ás de Galiza.

 Con motivo do día do libro os Axudantes da Biblioteca de 5º e 6º quixeron agasallarnos con varios contos e lendas de Galiza e tamén de Portugal, que de tanto acompañarnos, xa parecen nosas.

Esta é a nosa mostra para celebrar o día do libro.

23/4/22

UN DÍA CON ANTÍA YÁÑEZ

 Este xoves, 21 de abril, gozamos da compañía de Antía Yáñez.

     Na xornada matinal compartíu    o  espazo co alumnado de 4º e 5º      de EP que chegaron a ela a través  do   do  seu libro "Plan de rescate" de   Edicións Xerais.                        
                                          


Co entusiasmo da lectura do libro, xurdiron  finais alternativos que foron propostos á autora así como numerosas preguntas que estiveron preparando na aula.

 

                                                                                     








Despois do intervalo da comida, a tarde iniciouse coa reunión do Club de Lecturas de Adultos que compartiron opinións sobre o libro de "Senlleiras", primeira lectura do club durante este curso.

Libro que fala de mulleres que compartiron dificultades nas súas relacións, mulleres que loitaron por unha vida digna e polo seu dereito a ser o que son: mulleres. 

Persoas senlleiras que non merecen o esquecemento. 


O día 22 de abril a Consellería de Cultura recoñece a Antía Yáñez co Premio dos Club de Lecturas 2022 👇



27/4/21

VEXO, VEXO, QUE VES?

 Un libro, unha idea...


Baseándonos na proposta do libro "Veo veo ¿que ves?" xogamos a mirar doutro xeito, a ver máis alá da imaxe e a crear. Deseñamos personaxes e ambientes e, como non, tamén textos que os acompañen. Pasámolo moi ben creando este libriño entre todo o cole, que agora xa está na nosa Biblioteca. Premendo na imaxe podes ver o proceso e dar unha volta polo seu interior!!


MUNDOS LECTORES

 Neste abril, mes dos libros, compartimos con toda a escola os nosos Mundos Lectores, deseñados ao noso gusto e interese, habitados polas lecturas que foron pousando nel, e con cabida para as que seguirán chegando.  Así é o noso Universo:



15/4/21

ENCONTRO CO AUTOR DE KUSUMA

Hoxe o alumnado de 6º estivo conversando con Héctor Cajaraville sobre o seu libro "Kusuma". Moitos temas para pensar e falar, que se atopan ao longo desta historia, dos que xa nos decataramos, ou non, estiveron presentes, para revivir a lectura e para seguir reflexionando. Tamén nos interesamos pola actividade do escritor, o proceso, a ilustración e outras curiosidades que tiñamos.

 
Agradecemos esta oportunidade e agasallamos ao autor con este podcast, froito dun traballo de aula neste abril, mes dos libros:

6/4/21

ABRIL, MES DOS LIBROS

Listas as propostas para este mes de celebracións importantes para os libros e a lectura:

Compartiremos os nosos Mundos Lectores, que vimos elaborando neste curso.


Falaremos de libros, compartiremos lecturas e tamén elaboraremos un libro propio,  partindo desta idea:



 

1/5/20

CUBERTÍSIMAS DE CREATIVIDADE

O prometido é débeda!
 Aquí vai a recompilación das creacións feitas dende a casa emulando as cubertas dos libros.
Nesta recreación participou  alumnado, familias e mestras, poñendo en valor o traballo colectivo e a creatividade, para conmemorar o Día do Libro. 

23/4/20

CUBERTÍSIMAS DE CREATIVIDADE

Feliz Día do Libro para todas e para todos!
Hoxe conmemórase a  o "Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor".
Para celebralo, este ano propuxémosvos convertirvos n@s protagonistas das cubertas dos libros, e non podemos estar máis fascinadas!  Impresiónannos os resultados, pero máis nos encanta saber que dentro de tod@s vós, ao igual que na nosa biblio, hai un recuncho creativo que nunca deixa de argallar!    
Grazas!
Ide mirando o álbum, agardamos ata o luns para facer a composición final, por se algúén ainda anda a rematar a súa.




20/4/20

PRODUCIÓNS #Dendeacasa

Despois de estas semanas en que nos estivemos adaptando a esta nova situación, vimos como a lectura e a palabra fixeron a súa maxia. Moitas grazas por estar dese lado, familias, cooperando nesta tarefa na que todos e todas estamos aprendendo moito.
Esta semana que celebramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, recompilamos as  producións feitas dende a casa, e agradecemos enormemente aos autores, autoras e editoriais que nos reconfortaron ofrecéndonos lectura e outras creacións para axudarnos nestas circunstancias. 
Iremos engadindo máis cousiñas das que nos acheguedes mentras traballemos na distancia.
Premer na esquina superior dereita para ver en grande.

Hecho con Padlet

ESTAMOS CUBERTAS DE CREATIVIDADE!

Ben sabedes que @s verdadeir@s protagonistas na nosa biblio sodes tod@s vós, sen dúbida.  Pero este ano, que nos toca conmemorar o Día do Libro sen poder visitala, propoñémosvos que sexades tamén @s protagonistas das cubertas dos libros!! 
Escollede un libro que teñades na casa, ou algún do álbum que adxuntamos, e recreade a súa cuberta co que se vos ocorra, intentando representala o máis semellante posible.  Poñede en marcha toda a vosa creatividade e empregade o que teñades a man: materiais de refugallo, disfraces, maquillaxe, complementos...
En canto as teñades remitide as fotos ás vosas titoras ou ao correo da biblio: abibliodeleirado@gmail.com

Deixamos un álbum con algunhas capas de libros da nosa biblio que podedes empregar AQUÍ




Aquí van algúns exemplos para que vos sirvan de inspiración.




Agradamos impacientes os vosos envíos e en breve compartiremos as vosas cubertas creativas!


15/5/19

MÁIS RECOMENDACIÓNS

Chégannos as últimas recomendacións, actividade do mes de abril, da clase de 4º "Marta e a Píntega" de Eli Ríos, e da clase de 5º tres recomendacións individuais de Fins, Xurxo e Xabi:

 

6/5/19

A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA

"A versión máis esperada de Carapuchiña, rescatada do folclore francés, con toda a frescura e sabedoría da oralidade e dos contos da avoa..."
Así nos presentou esta obra a Editorial Kalandraka, da man experta de Antonio R. Almodóvar e fermosas ilustracións de Marc Taeger.

Da nosa Biblioteca escolleuna Adrián para ler e agora fainos a súa recomendación:

30/4/19

CONTAPATIO 2019

Por fin o tempo permitiunos gozar un ano máis desta actividade que tanto agrada. 
O voluntariado de 5º e 6º saben moi ben como facelo, na preparación e na lectura, desenvolvéndose cos contos coma profesionais. Axudoulles o alumnado de 4º para facer mellor o reparto, e tamén souberon facelo de marabilla.
Deixámosvos o vídeo coa súa banda sonora orixinal, a que máis nos gusta.

23/4/19

LECTURAS DE ABRIL

Celebremos o Día do Libro: recomendando as túas lecturas favoritas, visitando a exposición que este curso é... dos libros DA NOSA AUTORÍA  e compartindo lecturas no patio:



Aquí tedes xa dúas lectoras que recomendan:



Aprazamos o "Contapatio" para o primeiro día que non chova 


2/5/18

RECOMENDANDO

Rematou abril e con el as propostas programadas arredor do libro e a lectura. As recomendacións de lectura daqueles e aquelas que as quixeron facer pasan a formar parte da lista de reprodución "Que nos recomendas", que tamén podedes ver na nosa canle de vídeo.
Este ano como novidade tres mamás tamén participaron, e dende o cole agradecemos moito a súa colaboración nesta actividade!
Para ver todas abride o desplegable na parte superior do reprodutor:

26/4/18

LECTURAS "INTERCAMBIANDO A PROFE"

Para celebrar o Día do Libro tamén fixemos Lecturas "intercambiando a profe". Nesta ocasión foron outras profes as encargadas de ler aos nenos e nenas. Maiores e pequenos descubrimos libros, ilustracións e historias novas. 

25/4/18

CON PERE TOBARUELA

O alumnado de 5º e 6º leu "Formigas misión Paris" e Formigas misión Barcelona",de Pere Tobaruela e ilustracións de Andrés Meixide. As misteriosas misións das formigas transcurren en dúas cidades con moita arte, onde a través da trama os lectores e lectoras van coñecendo aspectos culturais e artísticos de Paris e Barcelona.

 O autor estivo na nosa Biblio para conversar  sobre as lecturas, contestar preguntas e por último, como non, asinar os seus libros.

24/4/18

ANDERSEN EN CÓMIC

Dende o principio de abril os contos de Hans Christian Andersen sairon dos andeis para estar máis visibles e rolaron polas aulas todo este mes.


 Moitos deles acabaron convertidos en cómic da man do alumnado , cun resultado ben xeitoso!







"CONTAPATIO", COMPARTINDO LECTURAS

Un día estupendo para ler xuntos no patio, porque así celebramos o Día do Libro na nosa escola. O alumnado voluntario seleccionou as lecturas e preparounas  durante os días anteriores para que todo saíse mellor. Coma sempre, unha actividade estrela!