Mostrando entradas con la etiqueta Quedamos na casa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Quedamos na casa. Mostrar todas las entradas

28/5/20

AUGA E SAÚDE

Nova  entrega do proxecto Somos Auga dende a casa.
Neste caso o alumnado de 5º, cun informativo sobre a situación da auga en moitos lugares do mundo, nestes momentos e sempre tan importante.
No pasado mes de novembro investigaban sobre un dos dereitos da infancia, o dereito a opinar e participar.
Exercendo ese dereito, investigaron, compartiron, falaron, e agora fano público para o coñecemento de todos e todas.



17/5/20

LETRAS GALEGAS 2020

Así tivo que ser este ano a celebración das Nosas Letras; co traballiño conxunto de todas as casas argallou este vídeo o  Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Agardamos que vos guste. Parabéns rapaces e rapazas, familias e mestres 👌👌👌👌👌

1/5/20

CUBERTÍSIMAS DE CREATIVIDADE

O prometido é débeda!
 Aquí vai a recompilación das creacións feitas dende a casa emulando as cubertas dos libros.
Nesta recreación participou  alumnado, familias e mestras, poñendo en valor o traballo colectivo e a creatividade, para conmemorar o Día do Libro. 

23/4/20

CUBERTÍSIMAS DE CREATIVIDADE

Feliz Día do Libro para todas e para todos!
Hoxe conmemórase a  o "Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor".
Para celebralo, este ano propuxémosvos convertirvos n@s protagonistas das cubertas dos libros, e non podemos estar máis fascinadas!  Impresiónannos os resultados, pero máis nos encanta saber que dentro de tod@s vós, ao igual que na nosa biblio, hai un recuncho creativo que nunca deixa de argallar!    
Grazas!
Ide mirando o álbum, agardamos ata o luns para facer a composición final, por se algúén ainda anda a rematar a súa.




20/4/20

PRODUCIÓNS #Dendeacasa

Despois de estas semanas en que nos estivemos adaptando a esta nova situación, vimos como a lectura e a palabra fixeron a súa maxia. Moitas grazas por estar dese lado, familias, cooperando nesta tarefa na que todos e todas estamos aprendendo moito.
Esta semana que celebramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, recompilamos as  producións feitas dende a casa, e agradecemos enormemente aos autores, autoras e editoriais que nos reconfortaron ofrecéndonos lectura e outras creacións para axudarnos nestas circunstancias. 
Iremos engadindo máis cousiñas das que nos acheguedes mentras traballemos na distancia.
Premer na esquina superior dereita para ver en grande.

Hecho con Padlet

ESTAMOS CUBERTAS DE CREATIVIDADE!

Ben sabedes que @s verdadeir@s protagonistas na nosa biblio sodes tod@s vós, sen dúbida.  Pero este ano, que nos toca conmemorar o Día do Libro sen poder visitala, propoñémosvos que sexades tamén @s protagonistas das cubertas dos libros!! 
Escollede un libro que teñades na casa, ou algún do álbum que adxuntamos, e recreade a súa cuberta co que se vos ocorra, intentando representala o máis semellante posible.  Poñede en marcha toda a vosa creatividade e empregade o que teñades a man: materiais de refugallo, disfraces, maquillaxe, complementos...
En canto as teñades remitide as fotos ás vosas titoras ou ao correo da biblio: abibliodeleirado@gmail.com

Deixamos un álbum con algunhas capas de libros da nosa biblio que podedes empregar AQUÍ




Aquí van algúns exemplos para que vos sirvan de inspiración.




Agradamos impacientes os vosos envíos e en breve compartiremos as vosas cubertas creativas!


15/3/20

LECTURA NA CASA

Non houbo tempo de facer préstamos da Biblioteca para estes días que non viremos á escola. Poida que teñades libros vosos ou unha mochila, ou tal vez collestes préstamos nos últimos días.


Pero por se precisades lectura lembrámosvos que 4º, 5º e 6º de Primaria podedes utilizar coas vosas claves a plataforma de préstamo ELBE2 da Consellería de Educación, no ordenador ou na vosa tableta. Xa sabedes que na tableta deberedes descargar antes a aplicación bega-elbe2.


Para os demais hai outras opcións de lectura dixital como a editorial webble, que nos ofrece libros gratuitos para descarga ou para ler en liña:


 Aquí temos algúns videocontos seleccionados para vós:


Ou aquí, os estupendos contos contados de Kalandraka TV:


A compañía de Títeres "Tanxarina" ofrécenos xenerosamente a representación de "A Galiña azul". Imperdible!
Moitas grazas!


Aquí  moitos AUDIOCONTOS ben contados:


A Editorial Xerais ofrécenos catro títulos, tres infantís e un xuvenil.


VARIOS NÚMEROS DO XORNAL O PAPAGAIO

Da editorial Pintar-Pintar podemos libremente dispoñer de moitas obras que autores e editorial poñen á nosa disposición a través da iniciativa #yomequedoencasaleyendo


CONTOS DE TRADICIÓN ORAL CONTADOS POR PEP BRUNO






Rematamos cunha proposta en inglés, explorade estas lecturas, moitas con audio!