Mostrando entradas con la etiqueta educación ambiental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación ambiental. Mostrar todas las entradas

18/5/21

APRENDEMOS CON ALUMNADO DE FP

 Esta colaboración, que xa tivo que ser aprazada o curso pasado, realizámola este curso  e de xeito virtual. Claro que tería sido xenial traballar na contorna do río, pero aínda así, e grazas ao excelente traballo do alumnado do CIFP A Granxa, de Ponteareas, puidemos achegarnos á riqueza natural do río Tea e aprender moitas cousas. Velaquí un resume:

 
 
E aínda nos queda introducirnos na vida das aves migratorias con estes xogos que nos deixaron de agasallo, ademais duns bonitos marcapáxinas!
 

  

14/12/18

A LECTURA CO MEDIO AMBIENTE

Da man de César, papá de Izan de 1º, chegounos a lectura de Pétala.
Libro de Pep Bruno que nos introduce no problema medioambiental que ocasiona a escaseza da auga.

Begoña, a nai de Fins, deleitounos en 5º e 6º cun par de contos populares do mundo do libro "Cuentos de la madre Tierra", un libro que recolle a sabiduría ancestral de distintos lugares do mundo sobre a relación estreita e necesaria do ser humano coa Natureza.


 E con Mari Angeles, mamá de Gael, coñecemos "A árbore xenerosa", un percorrido por toda unha vida no que unha árbore nos vai ofrecendo xenerosamente todo o que nos pode ser útil.

                             

23/2/17

CUENTOS DE LA MADRE TIERRA

Hoxe na Hora de ler en 5º e 6º, a profe Mariluz presentounos o libro "Cuentos de la madre tierra", unha selección de contos extraidos da tradición popular de diferentes países do mundo. Todos eles teñen en común a sabiduría ancestral sobre a estreita relación entre o ser humano e a Natureza, e a importancia de coidala para que nos coide.


 Leunos dous deses contos e agasallounos a todos e todas cun paquetiño que contiña un bulbo para que o sementemos onde queiramos. Todo un detalle!

18/2/17

NOVOS LIBROS QUE MIRAN Á NATUREZA

Marta, a mamá de Carlos e Alejandro, presentou dúas novidades da nosa Biblioteca:
"A árbore da escola", un libro que convida a mirar ao noso carón, ás nosas árbores do patio, que cada ano nos dan sombra, froitos, osíxeno... 
"Catro cascarolos", a viaxe de catro caracoliños que se teñen que mudar porque a súa casa é invadida por lousas e cemento, unha narración con todos os ingredientes para atraer a atención dos primeiros lectores.
 


MOITAS GRAZAS, MARTA!

5/12/16

COMPARTINDO INFORMACIÓN

O día 5 de decembro foi designado pola ONU como Día Mundial do solo, para lembrar a importancia que ten para a nosa saúde e a saúde do planeta. Este ano 2016 foi adicado ás leguminosas, baixo o lema "Solos e legumes, simbiosis para a vida"


 Preparándonos para cultivar a nosa horta, hoxe no colexio compartimos o que investigamos e aprendemos cos compañeiros e compañeiras das outras clases. Uns recolectamos sementes recollidas dos froitos das  hortas das nosas casas, outros investigamos sobre as características do solo e os seus coidados, ou sobre a compostaxe que andamos a facer.


 As mestras do equipo TIC prepararon este blog, para que todos e todas vaiamos compartindo o noso traballo durante o curso, así que atent@s ao que se vaia publicando e animádevos a comentar.

http://sementarsementaremos.blogspot.com.es/



15/9/16

VIXIANCIA E DETECCIÓN DE INCENDIOS

No noso pavillón estivo instalada durante o verán unha patrulla de profesionais do exército. Sabíamos que estaban aí por mor dos incendios forestais, pero... que fan? 
Antes de marchar tiveron a amabilidade de satisfacer a nosa curiosidade  explicándonos en que consistía a súa misión aquí:
Colaboran vixiando os montes e detectando incendios antes de que se propaguen. Utilizan tecnoloxías como drons e GPS para localizalos.



  Tamén nos deixaron probar a todos un telémetro (prismáticos que calculan distancias), e unhas gafas de visión nocturna.





Pareceunos interesante e fixemos moitas preguntas.
Tamén nos dixeron que máis importante que todo isto é a prevención e que  a educación das persoas pode evitar que iso siga sucedendo cada verán. Sabemos moi ben que os incendios perxudican gravemente os ecosistemas dos nosos montes e por tanto nos perxudican a todos nós. Con esa mensaxe nos quedamos. Moitas grazas.

12/9/16

BENVIDA

Benvidas e benvidos á escola, a un novo curso en que conviviremos, compartiremos e aprenderemos.
Para comezar ofrecémosvos unha antiga curta de animación, "Árbores e flores", de Disney, para ver xuntos, comentar... e o que xurda!

            

11/12/14

AMEAZA NA ANTÁRTIDA

Os membros do Club de lectura de 6º remataron de ler "Ameaza na Antártida". Coinciden no atractivo do libro, como comentaron hoxe na reunión,  polo feito de estar ambientado no futuro, polas tecnoloxías que se describen, polos datos científicos, pola ecoloxía e polo misterio.




Realizaron unha entrevista ao autor, Ramón Caride, do que obtiveron as respostas en poucas horas, por correo electrónico. Moi agradecid@s!

                    
                      Entrevista a Ramón Caride Ogando from Biblioteca Escolar Leirado

25/5/13

ANXO MOURE, O CARBALLO CON BOTAS

El di que é un carballo, que naceu dunha landra e medrou  nunha bota... Anxo Moure chegou a Leirado dende a súa terra de Chantada, na provincia de Lugo. Chegou e encheu de vida a nosa biblio facéndonos sentir árbores ou paxaros, aloumiñados polos ventos ou polas augas do Miño. Deixounos quedar moitas ganas de coidar este noso planeta e de loitar contra as inxustizas e desigualdades que nel habitan. Grazas Carballo con Botas, por estes momentos máxicos e polas túas mensaxes.



Non deixedes de ler máis contos e saber máis sobre Anxo Moure na páxina contosolidarios.org.


21/6/12

TELENATUREZA INFORMATIVO

O Día Mundial do Ambiente, 5 de xuño, foi o tema tratado no traballo dos nenos e nenas de 2º ciclo. A súa emisora de TV , TELEMUNDO, emitiu para todos nós o programa "Telenatureza informativo"

          

5/6/12

DÍA MUNDIAL DO AMBIENTE

O Día Mundial do Ambiente é un programa das Nacións Unidas que convida a actuar en beneficio da Terra e da Biodiversidade. 

As nosas recomendacións para o día de hoxe:

"Yo seré los ojos de la Tierra", album ilustrado, belas imaxes e pensamentos. Se aínda non o coñeces, pídeo na Biblioteca.


"O home que plantaba árbores", un conto imprescindible en que se pon en valor a perseverancia e o amor pola vida e a natureza. Na sección de familias   (o noso exemplar leva un cd con audioconto).



31/3/12

SEMANA DE CONFERENCIAS

Rematados os traballos nas aulas, ao longo desta semana comunicamos o aprendido aos demais compañeiros/as na Biblioteca.
Educación infantil falounos das clases de peixes do Miño, da vexetación e das aves.
Primeiro e segundo recolleron saborosas receitas de lamprea.
Terceiro e cuarto fixeron un estudo sobre as características e vida da lamprea.
Quinto e sexto falaron dos costumes de pesca da lamprea que existen na zona, das antigas pesqueiras construidas polos romanos e da importancia de respectar o río e conservar as especies.
Escoitamos, fixemos preguntas, contestamos... e aprendemos moito todos e todas.Poderemos ter unha reportaxe máis ampla á volta das vacacións.


                                 

24/3/12

UNHA VISITA INTERESANTE

Estivo connosco Manuel, experto en pesca e amante do río e da natureza. Viu para falarnos sobre a lamprea e as artes de pesca, completando así información para os traballos que andamos a facer. Falounos tamén da importancia de coidar o río, o habitat dos peixes, para poder disfrutar dos manxares que nos ofrece; e tamén do furtivismo (pregunta de Iria), conducta   irresponsable que perxudica gravemente a pesca e a conservación das especies.
Grazas Manuel por compartir connosco a túa experiencia.