Mostrando entradas con la etiqueta Día da Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Poesía. Mostrar todas las entradas

24/3/19

ESCORNABOTS POÉTICOS

Unha forma diferente de ler poesía levounos á Biblioteca esta semana: uns taboleiros para os escornabots nos que percorrer os poemas de diferentes formas, segundo o nivel.



E así de ben o pasamos:


23/3/19

COMPARTINDO POESÍA

Compartimos poesía, lendo e escoitando, os máis peques Poemas de la oca loca, de Gloria Fuertes, con Carlos e Carmen, axudantes da Biblioteca. 




Moi divertidos!
😊😊😊😊😊
Os máis grandes gozamos da sonoridade de Almanaque musical, de Antonio Rubio, con Manuel e Martín.



 😍😍😍😍
Moitas grazas!

17/3/19

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

A poesía xoga coas palabras, expresa dun xeito creativo, musical, lúdico, emotivo... ler poesía, interpretala e crear poesía non pode faltar na nosa formación, literaria e persoal. Así o lembramos:


21/3/17

COMPARTIMOS POESÍA

Hoxe, Día Mundial da Poesía, os voluntarios e voluntarias de 5º visitaron as demais aulas na Hora de Ler para ofrecernos POESÍA.

 Leron para nós e deixáronnos a selección de poemas nas aulas para que puidésemos lelos moitas veces!

      
 
Aos máis grandiños tocounos un conto rimado: "A tea de araña que todo o apaña",de Xoán Babarro,  do que recollemos uns fragmentos da lectura a cargo de Juan e Ángel:
 
         

18/3/16

POESÍA NOS CAMIÑOS

Para celebrar este ano o Día da Poesía, achegámonos ás manifestacións da poesía tradicional e de transmisión oral, dentro do proxecto "Camiños a Santiago". Igual que os camiños trouxeron e levaron dende sempre esta literatura, o noso alumnado levou os seus recitados polas aulas da escola. Rematamos a semana coa presentación do traballo de 5º e 6º, froito da súa investigación.

                
             
                

                

                

6/4/15

EN MARZO, POESÍA

O alumnado de 4º e 5º atreveuse a experimentar coa proposta de poesía visual, utilizando imagechef e wordle, e como tema as matemáticas.


 
En 6º acrósticos xogando cos nomes:



E o alumnado de 1º recibiu a primavera adicándolle poesías no seu programa de radio:

18/3/15

CREA POEMAS VISUAIS

Polo Día Mundial da Poesía convidámosvos a realizar POESÍA VISUAL, con vocabulario matemático. Para esta tarefa propoñemos dúas ferramentas en liña:
Imagechef, un exemplo:


 Ou o xerador de nubes de palabras Wordle:


Utiliza palabras e conceptos dos que coñeces ou tamén podes consultar este dicionario de matemáticas.

23/3/14

PRIMAVERA E POESÍA


O comezo da primavera coincide cada ano co Día Mundial da Poesía. 

Despois do frío e serio inverno a primavera é alegre e colorida, todo renace con novas enerxías!

Atrévete a renacer lendo poesía.

Preme na imaxe e mira unha pequena selección de libros de poesía que che gustarán, seguro. Búscaos na biblioteca.



Ademais propoñemos para ler e comentar este decálogo de "como non ler poesía", preparado pola Biblioteca do CEIP Andrade (Pontedeume)

22/3/13

POESÍA E POESÍA

Abrimos os libros de poemas para ler esta extensa produción: rimas coa táboa de multiplicar, versos encadeados, rimas divertidas, normas rimadas, poemas para papá, acrósticos, pareados, ata "poefroitas" ou "poepegatinas"... canta creatividade!
Parabéns rapazas e rapaces!
Vexamos unha pequena mostra: 

                        



          

Ver máis poemas na páxina DA NOSA AUTORÍA

20/3/13

CREANDO POESÍA

Durante este trimestre estivemos lendo e escribindo moitas poesías. Agora que se achega o Día Mundial da Poesía imos amosando xa os nosos libros de poemas.





Máis fotos da exposición aquí

O próximo venres, na Biblioteca, LECTURA E RECITADO DOS NOSOS POEMAS!!