Mostrando entradas con la etiqueta Escornabots. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escornabots. Mostrar todas las entradas

3/2/21

CREA COS ESCORNABOTS

 Ademais de xogar cos escornabots nos taboleiros que atopas na Biblioteca, podes crear e inventar con eles! 

O equipo de alumnado voluntario de 5º pasouno moi ben creando e xogando, agora  anímanvos a que fagades voar a vosa imaxinación e nos amosedes as vosas creacións. 

Que se che ocorre??

2/3/20

EN FEBREIRO, CON ROSALÍA

Achegámonos á vida de Rosalía de Castro da man de Gael e Félix, axudantes da biblioteca, que nos leron este libriño:

                                                 


Logo percorremos os seus poemas lendo cos escornabots:





24/3/19

ESCORNABOTS POÉTICOS

Unha forma diferente de ler poesía levounos á Biblioteca esta semana: uns taboleiros para os escornabots nos que percorrer os poemas de diferentes formas, segundo o nivel.



E así de ben o pasamos:


17/3/19

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

A poesía xoga coas palabras, expresa dun xeito creativo, musical, lúdico, emotivo... ler poesía, interpretala e crear poesía non pode faltar na nosa formación, literaria e persoal. Así o lembramos:


14/12/18

ESCORNABOTS

Que facemos cos escornabots?
Os escornabots son un recurso da nosa Biblio que, ademais de ser utilizado nos tempos de lecer, se incorpora ao traballo das diferentes áreas, da formación de usuarios da biblio, da adquisición de competencias no alumnado e de novas linguaxes que poñemos en práctica programando os seus percorridos. 










13/12/18

POLO CAMIÑO

Os maiores de Infantil andiveron moitos días a voltas con este libriño que da moito, moito xogo!!: números, nomes, cualidades, ritmo, rimas...
Tamén os escornabots andiveron paseando polo conto.
Se queredes ver como traballaron pasade polo seu blog.

E dende a Biblio, Pacho déixalles este agasallo que atopou na rede:

14/11/18

A AMORA NA SILVA

 




"Estando a amora no seu lugar
veu a mosca para lle picar.
A mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan
e o chan como é duro
de todo ten man."




Continúan na aula de maiores de Infantil encontrándose coa literatura, coas boas historias, para escribir, ler, falar e escoitar a partires delas e con elas. Neste caso cun acumulativo rimado popular, dos que nunca fallan, porque xogar coas palabras conecta coa infancia, porque repetir ese percorrido esperado encanta e divirte.

 Tamén o escornabot quixo seguir a secuencia da historia, acompañado destas pequenas e pequenos, revivindo a historia, as palabras e o ritmo.




27/10/18

ACTIVIDADES DÍA DA BIBLIOTECA

Esta semana a nosa Biblio estivo de celebración do seu día, por iso quixo facerse notar. 
O primeiro foi entregarnos as mochilas viaxeiras, que andarán polas nosas casas todo o curso.


 Logo a Biblio convidounos a xogar para coñecela mellor:


E os compoñentes do Club de Lectura tamén puideron recoller a súa primeira lectura deste curso:



 
BOAS LECTURAS A TODAS E TODOS!

3/4/18

ESCORNABOTS E MATEMÁTICAS

Os escornabots son un recurso máis da escola que engade a calquera actividade o elemento da programación do percorrido (memoria, ubicación no espazo...), e ademais o aspecto lúdico, completándoa e enriquecéndoa. Por exemplo, a práctica das táboas de multiplicar.

16/3/18

DE CONTOS E ROBOTS

Son moitas as cousas que se poden facer despois de ler un conto, os lectores guían e propoñen, pero agora tamén os escornabots  son uns bos aliados dos libros. Así o fan os nenos e nenas de catro e cinco anos:
"A que sabe a lúa" coa súa plantilla onde percorren a narración acompañando aos personaxes co escornabot, relacionan o personaxe coa súa letra inicial, xogan ás adiviñas para que o robot busque a solución... así nolo contan no seu blog de aula.



 Ou "Os ratos da casa" para o que o alumnado seleccionou as imaxes que poñerían nunha plantilla e noutra máis, a utilizar segundo a actividade. Aquí nolo contan


17/12/17

RICARDO E O SEU ROBOT

Un vello libro que rescatamos dos andeis para amosalo no recuncho da Roboteca. A encargada de lelo foi Begoña, a mamá de Fins. Segundo nos dixo escolleuno porque o protagonista é un neno moi curioso  e observador, que se fai moitas preguntas e que tivo a iniciativa de montar o seu propio robot, un bo exemplo sen dúbida. 


 Un pracer recibir a Begoña na nosa biblio. Moitas grazas!

25/10/17

XORNADA ESCORNABÓTICA E ARTÍSTICA

Na nosa biblio estamos de estrea!!! Inauguramos a nosa "ROBOTECA", un recuncho no que  atopamos recursos para fedellar, pensar e crear coas nosas mans.   O Pacho Librín robotizado encargarase de custodiar o noso tesouro máis prezado:  4 escornabots cos que neste curso argallaremos unha morea de actividades.

 No Día da Biblioteca, todos os grupos coñecemos e experimentamos cos Escornabots, realizando actividades relacionadas co mundo das artes, entrando en materia do noso proxecto deste curso. So hai que ver as imaxes para darnos conta do interese que espertou a experiencia.

            Relacionamos e emparellamos actividades artísticas con diferentes criterios segundo a idade: cores similares, imaxes entre sí, imaxes con nomes, nomes con definicións.

23/9/17

MONTANDO OS ESCORNABOTS

Benvidas e benvidos ao novo curso!!
Comezamos!
Antes de nada tiñamos pendente a montaxe dos nosos novos robots, como xa sabedes, do Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar. Primeiro tivemos que aprender as mestras, bueno, aprender e entusiasmarnos, para logo contaxiar. Así que puxemos mans a obra e convertimos a sala de profes nun obradoiro escornabótico. Aquí vos presentamos como o fixemos.
Moi pronto poderedes fedellar todo o alumnado con eles.

          
 

23/5/17

ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

A nosa escola acaba de entrar no Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar; hoxe as mestras estivemos coñecendo o proxecto e os pequenos robots da man da profe Noa. Comezamos un percorrido de aprendizaxe con este novo recurso que agardamos sexa motivador e útil para o noso alumnado.