Mostrando entradas con la etiqueta búsqueda de información. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta búsqueda de información. Mostrar todas las entradas

4/3/26

FORMACIÓN DE RADIO PARA PROFESORADO E ALUMNADO

Esta semana recibimos formación de radio dentro do programa de Polos Creativos.

A formación estivo dirixida primeiro ao profesorado, cunha sesión de 3 horas e tamén para o alumnado durante media mañá onde aprenderon técnicas vocálicas, ideas para facer guións e programas, uso da mesa de mezclas, etc....




10/6/25

SABÍAS QUE? BUSCANDO INFORMACIÓN NA NOSA BIBLIOTECA

 Como investigadores e investigadoras da historia que son, os rapaces e rapazas de 4º non querían quedarse só cun tema; polo que investigaron sobre algo moi importante para o desenvolvemento dunha sociedade: a agricultura e a gandaría.

Para ser precisos, os nosos historiadores e historiadoras, empregando ps ordenadores da biblioteca, buscaron información por equipos sobre algunha anécdota ou dato interesante sobre estes dous temas.


Xusto despois repartiron a información para poder gravala en vídeo para todas e todos vós, poñéndose na pel de presentadores e presentadoras profesionais.

E, por último, fixeron unha toma de contacto coa cámara para practicar o vídeo que finalmente gravaron e que, por suposto, poderedes ver nas distintas salas do noso museo.