Mostrando entradas con la etiqueta dereitos humanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dereitos humanos. Mostrar todas las entradas

5/12/17

DO 25N AO 10D

Contra a violencia de xénero e en defensa dos Dereitos Humanos lemos e traballamos entre estas dúas datas que teñen moito en común. O voluntariado da biblio púxose en marcha preparando lecturas para ofrecernos aos demais, lecturas que invitaron a pensar e conversar:




Rexeitar  e buscar saída a situacións de abuso.




Autoestima dunha ratiña que pasa por un proceso de autocoñecemento e aceptación do seu aspecto.



A valentía de enfrontarse a situacións de violencia e represión das liberdades da persoa.






                                                                   
            



28/1/13

CONSTRUIR A PAZ

Nesta páxina da UNICEF podes ler como convertirte en constructor/a da paz, ao mesmo tempo que realizas actividades divertidas:


Por que é a pomba un símbolo da Paz?. 
Preme no debuxo de Pablo Picasso e accede á  información.



10/12/12

ARTUR E CLEMENTINA

Hai uns días, un grupo dos axudantes da Biblioteca leu para tod@s  "Artur e Clementina". Hoxe presentámosvos esa lectura recollida nun vídeo para escoitar cantas veces queirades. No día en que se conmemora a Declaración Universal dos Dereitos Humanos serve este conto para reflexionar: toda persoa ten dereito a desenvolverse libremente como tal (artigo 26), e non debe ser discriminada por razón de sexo, raza, relixión ou condición (artigos 1 e 2).
 A discriminación pode estar mesmo á nosa beira; é preciso saber identificala e rexeitala, para entre tod@s crear unha sociedade máis xusta e feliz.
Moitas grazas a Sandra, Alfonso, Elena, Marina, Josué, Sergio e Lucía polo seu interese e polo seu traballo.

                     

21/5/12

CORREO DO BUBISHER

Lembrades alá polo mes de decembro, cando estiveron connosco Mari Carmen, Fito e Conchi, de Solidariedade Galega co pobo saharaui? Lembrades que enviamos un libro para o Bubisher, o bibliobús dos campamentos de refuxiados saharauis?
Ben, pois acabamos de recibir este correo para toda a comunidade educativa:
  
Gracias
View more documents from ceipdeleirado.

Dende aquí tamén os nosos parabéns aos artífices e colaboradores deste grande proxecto.

10/12/11

10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Estivo connosco Mari Carmen, e trouxo con ela a Conchi e Fito, de "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui". Contáronnos moitas cousas que non sabiamos, nin imaxinabamos, sobre as condicións de vida nos campamentos de refuxiados, sobre os motivos polos que están así.
A algúns e algunhas soltóusenos unha bágoa.
Tal vez agora valoraremos máis as cousas que temos.
Gracias aos tres pola vosa colaboración e parabéns por ser unhas persoas tan SOLIDARIAS.


                          



Tamén soubemos o que é o Bubisher, un proxecto ao que imos aportar unha pequena colaboración, xunto con moitas Bibliotecas Escolares Galegas: un fermoso album ilustrado:



Esta é unha das súas páxinas: aí queda para pensar...






5/12/11

COÑECER OUTRAS REALIDADES: O POBO SAHARAUI

Seguro que vistes algunha vez nenos ou nenas saharauis que pasan o verán con algunha familia da zona. É o caso da familia de Mari Carmen, de Lira. Da súa man, e da organización "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui", imos coñecer cal é a realidade actual do pobo saharaui. 
Obteremos información:

O SAHARA OCCIDENTAL               O POBO SAHARAUI

MAPA                                                  HISTORIA


                      

Coa información obtida completaremos esta FICHA, que levaremos á Biblioteca. (3º,4º,5º e 6º)

1/12/11

DIFERENTES, PERO IGUAIS

Durante o mes de decembro traballaremos e aprenderemos sobre os Dereitos Humanos. Aquí deixamos algúns materiais para comezar.
                   
                            

Máis vídeos de Pocoyó e os Dereitos da Infancia

Declaración Universal dos Dereitos Humanos  Podes ler todos os artigos, picando no nº correspondente.

Xogo dos Dereitos Humanos 

Mafalda e os Dereitos da Infancia

Andaluna e Samir Páxina divertida, con música, información e xogos.