As nenas e nenos de 4º de Educ. Infantil ilustraron e recitaron este fermoso conto - poema de Gianni Rodari que nos recorda a importancia da natureza e como todo se inicia a partires dunha semente.
7/5/26
13/5/25
NINGUÉN SEN LECTURA
Na nosa biblioteca queremos que a lectura sexa algo accesible para todo o mundo e por iso temos o noso recuncho de audiolibros, gravados polo noso voluntariado.
Ademáis desta iniciativa, tamén temos libros de lectura fácil repartidos polas estanterías e que poderás diferencialos pola pegatina que teñen no lateral
9/5/24
UN NOVO AUDIOLIBRO PARA A BIBLIOTECA
15/3/24
NOVOS AUDIOLIBROS NA NOSA BIBLIOTECA
As voluntarias e os voluntarios da nosa biblioteca non paran! Estes días están na radio gravando novos audios para algúns exemplares da biblioteca.
Desta forma, facemos a lectura accesible para todo o mundo e todos e todas podemos gozar cun conto.
O noso lema: NINGUÉN SEN LECTURA!
13/5/22
LENDAS DA NOSA RUTA
Cada curso estivo traballando coa tradición oral de aqueles lugares que visitaron. Leron lendas e seleccionaron aquelas que lles pareceu máis apropiada para despois facer un audio-libro con ilustracións creadas por eles.
Algunhas das lendas foron as seguintes:
- 1º: "O mapuche sen sombra", de América do Sur.
- 2º: "O monstro do lago Ness", de Europa.
- 3º: "A princesa e a toupeira", do Cáucaso.
- 4º: "O nacemento do dragón", de China.
- 5º: "Porque o morcego voa de noite", "A ave máxica que enfeitizaba co seu canto", "A tartaruga e o leopardo", "A sorte" e "A viaxe de Ilombé", de África.
-6º: "A orixe dos ventos" e "A muller do búfalo branco", de América do Norte.
E estes foron os resultados despois de gravar os audios, facer as ilustracións e montar os audiolibros.
![]() |
| Clica na imaxe para ver os audio-libros. |
8/4/22
AUDIOLIBRO "LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS"
Relacionado co noso proxecto "A volta ó mundo en 160 días" o alumnado voluntario da nosa biblioteca de 5º e 6º fixo esta adaptación gravada do libro de Julio Verne, "La vuelta al mundo en 80 días". Trátase dunha adaptación de Ángel Burgas para a editorial Almandraba.

