Mostrando entradas con la etiqueta produción. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta produción. Mostrar todas las entradas

29/4/22

CONTOS COLABORATIVOS

 Outra das actividades que propuxemos para festexar o Día do Libro foi a confección de contos colaborativos interniveis, nos que participou todo o alumnado do centro! Cada un dos libros comeza cos más pequen@s de Infantil e, curso por curso, e vaise completando a historia ata que sexto lle pon o broche final.   

Naceron así estes oito relatos cooperativos da nosa colleita que compartimos.

9/2/22

A VOLTA AO MUNDO EN 160 DÍAS

 Durante o 1º Trimestre preparamos a nosa viaxe polo mundo. Unha preparación a fondo, informándonos, investigando, buscando solucións aos problemas que se presentaban e facendo propostas para a nosa viaxe.

 

 

Se queres informarte máis profundamente, visita o  blog: 

 "A volta ao mundo en 160 días. Coñecer para comprender"


 

21/12/20

A TOPE COA SAÚDE

 Este é o noso proxecto deste curso, traballando coa información de diversos xeitos: buscando, seleccionado, organizando e comunicando. Porque máis que nunca precisamos aprender a distinguir a información veraz, a valorar a Ciencia e a Cultura, a ser críticos co que nos contan e a pensar en colectivo. Na imaxe o blog onde iremos deixando  os nosos traballos:


                               


9/5/19

LECTURAS QUE MOTIVAN

Atención axudantes! Mirade o que fan os peques de 5 anos despois de escoitar as vosas lecturas! 
Parabéns a estes peques e tamén aos lectores e lectoras que lles presentaron estes libros!


16/6/17

O CONTO DA MIÑOCA

O alumnado de 1º de Primaria na súa investigación sobre as miñocas tamén ideou un conto, un conto acumulativo onde a protagonista fai un percorrido que logo anda ao contrario ata conseguir o seu fin. Deste xeito cada un fixo o seu contiño redondo para poder contarllo a quen queira escoitalo.



Xa temos un exemplar na Biblioteca


8/6/17

QUE FAI FALTA?

As nenas e nenos de 3 e 4 anos presentan Que fai falta? de Gianni Rodari, un album ilustrado por Silvia Bonanni, que nos fai entender que as plantas nos dan máis cousas do que pensamos...

         

22/1/17

INDAGANDO NAS NOSAS CASAS

Case todos nós temos unha horta familiar, pero ¿sabemos que se fai e como se fai? A proposta do equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, fixemos a tarefa de recoller información nas familias sobre os costumes e usos tradicionais nas hortas e sobre os traballos que se fan nelas. De seguro que moitas cousas nos estaban pasando desapercibidas. 
Na escola redactamos a información recollida para compartir.
Moitas grazas familias!









23/6/14

RAMÓN E RAMONA

Xa podemos coñecer o traballo do alumnado de E. Infantil coas súas mestras máis a profe de música, a curta baseada no conto "O señor Ramón e a señora Ramona".  Agardamos que sexa do voso agrado!

                             

10/6/14

A PARTES IGUAIS, NARRANDO

Os nenos e nenas de 3º e 4º prepararon para todos nós o conto que lles leu Azucena, a mamá de Carla, na Biblioteca.

      

29/1/14

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

A comunicación é a mellor das armas para mellorar a convivencia. Expresar  e tamén escoitar, dúas cousas que andamos a aprender e practicar. Para celebrar o Día Escolar pola Paz escribimos cartas, cartas coas mellores intencións, con mensaxes que mañá recolleremos cada un de nós, sen importar de quen veñan, porque ... a quen non lle gusta recibir unha carta?

 

Hai moitos libros que nos están acompañando nesta tarefa, lecturas para o lecer e para aprender:



E velaquí a canción que escoitamos estes días nas entradas e saídas, coa letra para cantar:

                            

19/6/13

ACHEGÁMONOS Á OLERÍA

Rematamos o proxecto documental no que traballamos este trimestre: coñecer todos os aspectos deste oficio case tan antigo como a humanidade e con importante pegada en Galicia. Deixamos aquí un resumo en imaxes:

      

Entre todos e todas fomos completando coas nosas aportacións este traballo común:

6/6/13

AS NOSAS CURTAS DE ANIMACIÓN

 Aquí temos as nosas curtas, feitas a partir de contos da Editorial OQO, coas que participamos en "Nós tamén creamos". Esperamos que vos gusten, nós estamos moi content@s porque nos esforzamos e aprendemos moito, e aínda que teñen erros... conseguímolo! Seguramente, seguiremos practicando.
     
                             

                             

                             

                             

23/5/13

NÓS TAMÉN CREAMOS ANIMACIÓNS

Rematamos as nosas películas de animación, unha experiencia moi grata para mestras, nenos e nenas, na que aprendemos moito: lemos, pensamos, escribimos, debatimos, organizamos, construimos, colaboramos, usamos a tecnoloxía... Agardaremos a velas publicadas na páxina da RTVG  porque participaremos no concurso "Nós tamén creamos".
Estes son os libros elixidos, fai clic nas imaxes para máis información.





Polo de agora reunímonos na Biblioteca para velas todos xuntos.
As imaxes, en "A nube da lingua".
Atentos á publicación na rede, próximamente!


22/3/13

POESÍA E POESÍA

Abrimos os libros de poemas para ler esta extensa produción: rimas coa táboa de multiplicar, versos encadeados, rimas divertidas, normas rimadas, poemas para papá, acrósticos, pareados, ata "poefroitas" ou "poepegatinas"... canta creatividade!
Parabéns rapazas e rapaces!
Vexamos unha pequena mostra: 

                        



          

Ver máis poemas na páxina DA NOSA AUTORÍA

20/3/13

CREANDO POESÍA

Durante este trimestre estivemos lendo e escribindo moitas poesías. Agora que se achega o Día Mundial da Poesía imos amosando xa os nosos libros de poemas.





Máis fotos da exposición aquí

O próximo venres, na Biblioteca, LECTURA E RECITADO DOS NOSOS POEMAS!!

21/12/12

BOAS LECTURAS E BO NADAL

Así foron os últimos días antes das vacacións: empréstitos na biblio, exposición dos traballos do trimestre, exposición de tarxetas, preparación do festival... uffff, canta actividade, un pouco de barullo pero moito que aproveitar. Vexamos:

Empréstitos de Nadal
 
Exposición de tarxetas
 
As nosas producións en cómic 
                           

Para ver e ler os traballos do cómic de todas as clases, visita a páxina DA NOSA AUTORÍA, alí irán aparecendo pouco a pouco. Que as disfrutedes. 

3/6/12

CONTISTAS

Os nenos e nenas de segundo non paran, conta que te conta, que nos contarán?
Pacho salta de ledicia!    
Preme para ver o seu blog:


4/2/12

A LAMPREA, PRETO DE NÓS

Xa estamos en marcha cos Obradoiros de Lectoescritura deste trimestre. O tema, "A lamprea, tan preto de nós", forma parte  do proxecto de Normalización e Dinamización Lingüística deste curso e servirá para poñer en práctica as nosas habilidades na busca e tratamento da información.

Este debuxo foi un agasallo de Patricia Vilas, nai colaboradora e artista, e xa se atopa no corredor. Xunto a ela podemos ver un torbellino de ideas previas do alumnado de 5º.


Accede aos recursos para este traballo na wiki creada polo Equipo TIC. Seguro que aprenderemos moitas cousas sobre este curioso animal que habita os nosos ríos, sobre os costumes e artes de pesca e como non, a gastronomía.

22/12/11

OBRADOIROS DE NARRATIVA

Este trimestre traballamos na biblioteca aprendendo a facer narracións, concretamente contos que tiveron como protagonista a Pacho Librín. Xa temos unha colección, que podemos ler na Biblioteca ou ver no ordenador. Disfrutamos deles contando e escoitando. Preme  

 
                              

2/6/11

UN CONTO VIAXEIRO

Os nenos e nenas de 3 anos, coa axuda da súa profe e das súas familias fixeron este conto. Búscao na Biblioteca.