O 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ na nosa biblioteca.
O alumnado de 5º e 6º de primaria explicaron por que o celebramos nesta data e tamén fixeron un repaso pola historia destacando as persoas que máis loitaron pola paz no mundo.
Outra das actividades realizadas este día foi a creación dun buzón cheo de cartas con mensaxes bonitos de paz e amor. Cada alumn@ do cole escribiu unha carta anónima e logo recibiu outra. A ilusión foi máxima.
O cole estivo dividido en 4 zonas: Zona de exposicións, zona culinaria, zona científica con experimentos e museo de arte.
En todas esas zonas, o alumnado explicaba aos visitantes o traballado durante todo o curso e tamén tiñan preparados diversos obradoiros para realizar coas familias e con todos aqueles que se acercaron polo noso cole neste día tan especial:
Chegado o mes de maio, e con el a celebración das nosas letras, a Biblioteca amosa as publicacións do autor homenaxeado este ano, Carlos Casares, para que cheguen ás aulas e sexan lidas e comentadas. O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística enriqueceu esta exposición cun fermoso texto: a carta coa que o autor comeza "A galiña azul", dirixida a Ana Lasquetty, unha nena que deixa Galiza sendo moi pequeniña, carta na que Casares lle recomenda "que non se esqueza nunca de que é galega"...
(Preme na imaxe para agrandar se queres ler o texto)
Un grupo dos axudantes da Biblioteca (Samuel, Mara, Carmen e Dani ), leron para todos nós "Lolo anda en bicicleta", utilizando o Kamishibai.
O mural colaborativo recíbenos na entrada do centro:
Comezamos as actividades de abril con arte, coa exposición dos traballos dunha nai da escola que nos deixou abraiados co seu talento. Patricia Vilas di que pinta por afición e que sinte predilección polo retrato, iso comentou co alumnado de 5º, con quen mantivo unha pequena entrevista.
A exposición estivo aberta a toda a comunidade educativa durante unha semana.
No seguinte vídeo resumimos a actividade, podemos admirar parte dos traballos de Patricia e ver o interese que espertou nos visitantes.
Durante esta semana realizamos os préstamos para as vacacións de Nadal, cunha altísima participación. Temos que dar as grazas ao noso equipazo de axudantes, que organizaron todo nos seus horarios de recreo para facilitar esta actividade: carteis, folletos, exposición e xestión de préstamos.
Ao longo da Historia, homes e mulleres desplazáronse dun lado a outro por diversas razóns: para buscar un lugar onde establecerse, para comerciar, para conquistar, para coñecer... Nese ir e vir de moitas persoas durante moitos séculos espalláronse linguas, música, arte e costumes que enriqueceron a uns e outros, engrandecendo o patrimonio cultural da Humanidade.
Neste curso percorremos rutas Xacobeas, de especial relevancia na nosa Comunidade, desenvolvendo moitas habilidades e apropiándonos de coñecemento.
Expuxemos os nosos traballos para as nosas familias e rematamos degustando a torta de Santiago que preparou a clase de 1º.
Rematamos o proxecto documental no que traballamos este trimestre: coñecer todos os aspectos deste oficio case tan antigo como a humanidade e con importante pegada en Galicia. Deixamos aquí un resumo en imaxes:
Entre todos e todas fomos completando coas nosas aportacións este traballo común: