Mostrando entradas con la etiqueta cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cociña. Mostrar todas las entradas

13/11/24

O EQUIPO DE SEXTO CREANDO NA COCIÑA

 Os deberes de campo para a fin de semana pasada foran ir apañar moras, así que dispoñiamos dunha materia prima de primeira calidade para deixar voar nosa imaxinación culinaria:

O resultado foi esta estupenda torta de moras e nata. Deliciosa!!!!!






3/11/24

RECEITAS DE SAMAÍN

  Esta semana celebramos o samaín no cole con multitude de actividades terroríficamente divertidas. Unha delas foi preparar unhas receitas saudables na cociña do noso cole. 

Isto foi o que fixeron os nenos e nenas de 1º de primaria:

- Pantasmas con plátanos e chips de chocolate.

- Cabazas terroríficas con mandarina, regaliz e decoracións de chocolate.

- Ollos de momia cun queixiño redondo, chocolate e un lacasito.

TERRORÍFICAMENTE DELICIOSO!!!





10/1/24

AS MATES NA COCIÑA

 Á volta do Nadal, o alumnado de 5º volveu das vacacións cunha fame no cerebro por tanta lambetada das festas que a titora decidiu sacar proveito da situación.  

Que mellor lugar para fartar a fame que a cociña e ao mesmo tempo, que casualidade que a mellor maneira de aprender matemáticas sexa tamén na cociña. Pois alá foron! 

Mirade todo o que elaboraron e comeron!



30/10/23

SAMAÍN SAUDABLE

 O alumnado do 1º ciclo xuntouse na cociña para elaborar un menú terrorífico para conmemorar o Samaín. 

Levoulles moito tempo elaborar as súas creacións pois o medo que pasaban non lles deixaban as ideas claras, pero ao fin puideron desfrutar dunha máis que saudable merenda.

28/2/23

COCIÑAMOS

A cociña é unha das partes favoritas da nosa biblioteca. Durante este mes estivemos preparando diferentes receitas con produtos do mar. 

Fixemos unha gran degustación e deixamos as receitas publicadas nun libro para poder repetir outro día:






18/12/19

COCIÑANDO PARA OS CONVIDADOS

No novo espazo de cociña, anexo á biblioteca, preparou o alumnado voluntario de 5º unhas estupendas galletas para ofrecer aos convidados na inauguración da Biblioteca.

19/3/18

RIMAS CON SABOR

 
Un novo libro chegou á nosa Biblioteca e a súa autora, Isabel Blanco, fixo a presentación para o alumnado máis novo do cole. Trátase de "As receitas de Rosaura", un libro con poesías que primeiro presentan á cociñeira, logo os seus utensilios, os condimentos, e por fin as receitas, todo rimado, polo que ten un dobre atractivo.


 O cartel anunciador, obra dos axudantes da Biblio, reproduce unha das ilustracións de Luz Beloso.
No final da sesión Isabel manifestou a súa intención de escribir outro libro no que Rosaura fose outra cousa , e pediu ideas ao nenos e nenas. Quedou gratamente sorprendida da variedade de cousas que propuxeron, entre elas pintora, piloto, pianista, astronauta, futbolista, motorista... porque os nenos e nenas saben que Rosaura pode ser calquera cousa que ela queira!


 Que non sexa por ideas Isabel!