Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos da infancia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos da infancia. Mostrar todas las entradas

26/11/19

DEREITOS DA INFANCIA

Velaquí os  traballiños de cada aula sobre os Dereitos da Infancia, que fomos quen de relacionar co noso proxecto deste curso, pois xa nos demos conta de que sen auga nada é posible para nós e para o planeta. 

                      

E aínda queda moito por solucionar, tamén o descubrimos nas nosas pescudas, vexamos se non cantos dos obxectivos de desenvolvemento están estreitamente relacionados coa auga:



18/11/19

DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1989 aprobábase na ONU a Convención dos Dereitos da Infancia, ampliando a 54 artigos os Dereitos aprobados no ano 1959. Pero aínda queda moito por facer nalgúns paises ao respecto. Podes ler toda a historia aquí.


UNICEF propón este ano especial a Campaña Educa dando alas, poñendo en valor a participación e a opinión dos nenos e nenas na construción dunha sociedade máis xusta. 


Deixamos aquí tamén os recursos de Rayuela.org 



E  un cartaz para descarga co resumo en dez dereitos, en galego, do Valedor do Pobo.
Agardamos que collades moitas ás neste curso e fagades valer o voso dereito a participar e opinar!

13/12/13

APRENDEMOS OS DEREITOS DA INFANCIA

Os nenos e nenas de 6º infórmaronse e traballaron para nos presentar os Dereitos da Infancia  explicados neste mural:




Tamén os podedes consultar na Biblioteca, sección consulta, nº 37 da CDU (cor laranxa).



20/11/13

DEREITOS DA INFANCIA

No Día Universal dos Dereitos da Infancia lembremos: protección e afecto, educación, saúde, liberdade, igualdade... son imprescindibles para medrar felices e convertirnos en persoas adultas que poidan convivir nun mundo mellor e máis xusto.

                            

Para saber máis:


Canción sobre os Dereitos da Infancia, pertencente á película de animación "El extraordinario viaje de Lucius Dumb", que coñecimos a través de Biblioabrazo:  

         

Rescatamos hoxe o lema "Vive e deixa vivir" , Hakuna Matata, da película "El rey león":