Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas

25/6/26

NON COMPARTAS A MERENDA!

 O alumnado de 5º de educación primaria en proxecto competencial este curso estivo investigando e aprendendo sobre as alerxias e as intolerancias. 

Ao fina do primeiro trimestre presentaron as súas pesquisas nun mural expositivo para todo o centro. 


No segundo trimestre decidiron elaborar unha campaña para que no cole non se comparta a merenda dado que pode haber alguén alérxico no centro. Con isto en mente crearon unha historia e a plasmaron nun vídeo/campaña que vos mostramos a continuación. Todo o centro foi invitado a velo. 



 

2/5/18

RECOMENDANDO

Rematou abril e con el as propostas programadas arredor do libro e a lectura. As recomendacións de lectura daqueles e aquelas que as quixeron facer pasan a formar parte da lista de reprodución "Que nos recomendas", que tamén podedes ver na nosa canle de vídeo.
Este ano como novidade tres mamás tamén participaron, e dende o cole agradecemos moito a súa colaboración nesta actividade!
Para ver todas abride o desplegable na parte superior do reprodutor:

13/9/15

BENVIDA

A Biblioteca davos a benvida a este novo curso, no que seguiremos medrando e aprendendo entre letras, imaxes, música, películas...

Ilustración de Mónica Carretero
Comezamos con bo humor deixando dúas curtas que vos farán rir.
Con elas unha invitación a narrar, escribir, inventar, divertirse!

         

         


25/11/14

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para ver e comentar no Día de hoxe, en que nos unimos ás voces que piden que remate a violencia contra as mulleres, visible ou non tanto, para aprender a identificala e rexeitala, por unha convivencia no respecto e  igualdade.
UNHA FELIZ CATÁSTROFE:
                   
                     

EL MALTRATO SUTIL

                     

21/12/13

CONTOS DE NADAL

Deixámosvos uns contiños por se vos pasades polo blog nas vacacións:

          


          

17/5/12

LETRAS GALEGAS 2012

No día das nosas Letras a Biblioteca ofrécevos  un poema de Valentín Paz Andrade, da obra "Pranto Matricial" (1955), escrita in memoriam de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: "Cando ti volvas..."
Vídeo do CEIP San Xoán de Filgueira, con música de Susana Seivane. Un pracer para os sentidos.

                                

28/4/12

HORA DE LER COMPARTIDA

Durante esta semana, cada día unha lectura, cada día uns lectores diferentes, cada día esperando a ver que conto nos tocaba... Unha hora de ler distinta...e especial:


                            

8/3/12

UNHA ELEFANTIÑA QUE NON QUERE SER DE COR ROSA

No Día da muller Traballadora a Biblioteca ofrécevos, para ver, oir, comentar e aproveitar, un conto que recollemos do blog CONTOS PARA VER E LER , da Unitaria de Vide, e que nos pareceu moi apropiado para o día de hoxe: "Rosa Caramelo", de Adela Turín.
Unha elefantiña que non quere ser de cor rosa...

                         

E tamén esta canción de Andaluna e Samir:

                        

7/2/12

QUE FAN OS LIBROS POLA NOITE?

Unha forma de facer animacións, de moita actualidade, é o Stop motion. Mirade que alegría teñen estes libros...