Mostrando entradas con la etiqueta animación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animación. Mostrar todas las entradas

12/9/16

BENVIDA

Benvidas e benvidos á escola, a un novo curso en que conviviremos, compartiremos e aprenderemos.
Para comezar ofrecémosvos unha antiga curta de animación, "Árbores e flores", de Disney, para ver xuntos, comentar... e o que xurda!

            

12/9/14

VOLTAMOS!

Voltamos para un novo curso, voltamos aos hábitos que nos unen á lectura nas rutinas cotiás e tamén emprenderemos novos retos.
 Seremos quen de avanzar, mellorar, aprender, se engadimos unhas pequenas doses de paciencia, alegría e bo humor que fagan o camiño máis levadeiro. Ilustramos con esta curta: 

             

 BENVIDOS E BENVIDAS!!

23/6/14

RAMÓN E RAMONA

Xa podemos coñecer o traballo do alumnado de E. Infantil coas súas mestras máis a profe de música, a curta baseada no conto "O señor Ramón e a señora Ramona".  Agardamos que sexa do voso agrado!

                             

6/6/13

AS NOSAS CURTAS DE ANIMACIÓN

 Aquí temos as nosas curtas, feitas a partir de contos da Editorial OQO, coas que participamos en "Nós tamén creamos". Esperamos que vos gusten, nós estamos moi content@s porque nos esforzamos e aprendemos moito, e aínda que teñen erros... conseguímolo! Seguramente, seguiremos practicando.
     
                             

                             

                             

                             

23/5/13

NÓS TAMÉN CREAMOS ANIMACIÓNS

Rematamos as nosas películas de animación, unha experiencia moi grata para mestras, nenos e nenas, na que aprendemos moito: lemos, pensamos, escribimos, debatimos, organizamos, construimos, colaboramos, usamos a tecnoloxía... Agardaremos a velas publicadas na páxina da RTVG  porque participaremos no concurso "Nós tamén creamos".
Estes son os libros elixidos, fai clic nas imaxes para máis información.





Polo de agora reunímonos na Biblioteca para velas todos xuntos.
As imaxes, en "A nube da lingua".
Atentos á publicación na rede, próximamente!


23/4/13

AS MIL E UNHA NOITES

"As mil e unha noites" é unha historia de historias, de tradición oriental, de Persia e a India. A protagonista, Sherezade, consigue abrandar a ira do sultán Schahriar narrando contos e contos, noite tras noite... coa habilidade de deixar sempre a narración sen acabar:
"Nese momento da narración Sherezade viu aparecer a mañá e calou discretamente" 
Son contos cheos de maxia, alfombras voadoras, xenios, viaxes fantásticos, que fan ao sultán exclamar cada noite:
"-Por Alá, que non a matarei ata oir o resto da historia"
Todo isto neste libro-disco de Fernando Palacios, acompañado da música de Rimsky Korsakov:


Sobre el fixeron un traballo os nenos e nenas de 5º e 6º coa profesora de música, que nos presentan a toda a escola hoxe, Día do libro. Música e contos, que mellor para este día.

            

8/4/13

NÓS TAMÉN QUEREMOS CREAR

Neste mes de abril andamos atarefados nun novo proxecto: crear pelis de animación a partir de libros. 
É unha actividade nova para todos nós, e tanto mestres como alumnado estamos aprendendo como facelo. Polo de agora lendo os libros, pensando e organizando as escenas, isto é o que se coñece como storyboard. Aquí deixamos unha plantilla para traballar.

Neste vídeo podemos ver de forma simpática todos os pasos da creación dunha película de animación.

  

13/11/12

A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR

Hoxe queremos mostrar outra animación,  sobre un conto  de Roberto Aliaga e Alessandra Climatoribus, de OQO editora, realizada polos nosos veciños do CRA A Lagoa, e recentemente premiada no festival OUFF ESCOLA: A tartaruga que quería durmir. 
Dende aquí, os nosos parabéns.

                  

8/11/12

AS IMAXES TAMÉN CONTAN

A ilustración é unha arte que tamén conta bonitas historias, e acompañada de sons e música mellor aínda . Así o vemos nesta curta de animación que descubrimos en El baúl que no tenía mi abuela. Que a disfrutedes.

 
the Song for Rain from Yawen on Vimeo
.

11/9/12

BENVID@S

Hai un tempo que nos chegou, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares, esta bonita animación, que tiñamos reservada para unha ocasión especial. Hoxe ímola compartir convosco neste comezo de curso, facendo firmes propostas de colaborar, facilitar, convivir ... e mellorar xunt@s. 

         

Tamén aproveitamos a ocasión para facer públicas as recomendacións de mestres e mestras, organizadas por ciclos. Son libros de probada eficacia nas aulas, e con valores que, pensamos, non  debería perder o noso alumnado. Continuaremos actualizando e completando estes Itinerarios Lectores:




7/2/12

QUE FAN OS LIBROS POLA NOITE?

Unha forma de facer animacións, de moita actualidade, é o Stop motion. Mirade que alegría teñen estes libros...