"As mil e unha noites" é unha historia de historias, de tradición oriental, de Persia e a India. A protagonista, Sherezade, consigue abrandar a ira do sultán Schahriar narrando contos e contos, noite tras noite... coa habilidade de deixar sempre a narración sen acabar:
"Nese momento da narración Sherezade viu aparecer a mañá e calou discretamente"
Son contos cheos de maxia, alfombras voadoras, xenios, viaxes fantásticos, que fan ao sultán exclamar cada noite:
"-Por Alá, que non a matarei ata oir o resto da historia"
Son contos cheos de maxia, alfombras voadoras, xenios, viaxes fantásticos, que fan ao sultán exclamar cada noite:
"-Por Alá, que non a matarei ata oir o resto da historia"
Todo isto neste libro-disco de Fernando Palacios, acompañado da música de Rimsky Korsakov:
Sobre el fixeron un traballo os nenos e nenas de 5º e 6º coa profesora de música, que nos presentan a toda a escola hoxe, Día do libro. Música e contos, que mellor para este día.
Vaia traballo que fixestes. Fermosísimo. Noraboa a todas e todos!
ResponderEliminarSaúdos dende a Biblio Xoán Farias.
Grazas Chispa, o mérito é destas rapazas e rapaces que lles gustan os contos, e a profe que lles contaxia a súa ilusión e o gusto pola música. Hoxe grandes e pequenos disfrutamos moito co seu traballo.
EliminarQue bonito!
ResponderEliminarAcabo de pasar un ratiño marabilloso, GRAZAS,