Para os máis peques:
Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas
6/11/14
12/5/14
LETRAS GALEGAS 2014
Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Xosé María Díaz Castro, poeta. Para saber sobre este autor temos información e actividades seleccionadas por A Nube da Lingua.
E aquí tedes as cancións que vos propón para cantar a profe de música e que están soando estes días no cole, grazas ao IES Díaz Castro de Guitiriz.
A noite é: poema de Díaz Castro
E aquí tedes as cancións que vos propón para cantar a profe de música e que están soando estes días no cole, grazas ao IES Díaz Castro de Guitiriz.
A noite é: poema de Díaz Castro
Esa lus: canción para Díaz Castro
23/2/14
VIVIMOS EN SOCIEDADE
Vivimos na nosa casa, e coa nosa familia. Pero á beira da nosa casa hai outras casas, as dos veciños. Con eles compartimos barrio e parroquia, que conxuntamente con outras parroquias forman o noso municipio. A nosa vida en común está organizada, para o benestar de todos, e compartimos os servizos públicos.
Achegamos algúns recursos na rede para coñecer mellor o noso entorno e como se organiza a vida social.
Para os máis peques:
Etiquetas:
actividades,
Proxecto Vivir Xuntos,
recursos
5/2/13
ENTROIDO
Presentámosvos este conto con actividades, de Ana Martínez, arredor dun dos "Contos da Rata Luisa", titulado Entroido.
Na Biblioteca podes buscar máis contos desta colección.
E para os máis grandiños, estas actividades, de Julia González, con moita información sobre o Entroido galego e un apartado gastronómico para chupar os dedos!
Na pestana "poesía" temos un poema de Ana Mª Fernández, que se nos ofrece para ler, escoitar e tamén descargar (grazas Julia polo teu traballo).
Outras rimas e cantigas populares sobre o Entroido en ORELLA PENDELLA.
26/5/12
LINGUAXE PUBLICITARIA
Se queredes incluir publicidade nos vosos noticieiros, hai que coñecer as características deste tipo de textos, que teñen a intención de convencer das boas cualidades dun producto.
Para saber:
E para practicar facendo os teus propios anuncios:
Etiquetas:
actividades,
recursos,
texto publicitario
3/5/12
MÁIS SOBRE AS LECTURAS COMPARTIDAS
A clase de 4º tamén nos quere lembrar as lecturas da semana pasada, recollendo as súas impresións e lembranza no seu blog de aula:
E sobre as vosas lecturas, rapazas e rapaces, chégannos estas actividades da Biblioteca do CEIP Agro do Muiño, que casualidade, moitas grazas! Premede na imaxe para acceder a elas:
Etiquetas:
actividades,
contos,
lectura,
libros
10/4/12
MÁIS SOBRE ANDERSEN
Para coñecer mellor a este autor e a súa obra chégannos estas actividades dende O RECANTO DE MIK, Biblioteca do CEIP Mestres Goldar de Vigo, a quen agradecemos o traballo compartido. Adecuadas para este mes de abril, mes de celebración do libro e a lectura, esperamos que sirvan para aprender un pouco máis e pasar un momento agradable arredor dos contos.
Tamén podes escoitar e ler contos de Andersen nos audiolibros de albalearning: preme na imaxe.
Etiquetas:
abril,
actividades,
autores,
contos,
día do libro infantil,
lectura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













