Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas
17/12/25
17/12/24
20/12/23
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL
Achégase o Nadal e dende a nosa biblioteca queremos facer algunhas recomendacións para incluir na carta de Papá Noel:
Para Ed. Infantil:
Para 1º ciclo:
Para 2º ciclo:
Para 3º ciclo:
🎄BOAS FESTAS E BOAS LECTURAS 🎄
Etiquetas:
lectura,
nadal,
Que nos recomendas?,
recomendacións
18/12/23
OBRADOIROS DE NADAL
Durante o mes de decembro, no recuncho de argalleira da nosa biblioteca realizaronse diferentes obradoiros navideños:
copos de neve, árbores de Nadal, bonecos de neve....
Os axudantes foron os encargados de preparar e dirixir estes obradoiros que tiveron moito éxito entre o alumnado nos recreos deste mes.
Etiquetas:
axudantes,
bibliocreativa,
biblioteca creativa,
nadal,
obradoiros,
RobotecaArgalleira,
voluntariado
21/12/20
POR UN NADAL CON LECTURA
Achegamos algunhas recomendacións por se pensades agasallar con libros e música, ademais de levar o voso préstamo da biblio.
18/12/19
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Esta é a nosa selección para recomendar este Nadal, feita conxuntamente coa Biblioteca do IES de Salvaterra de Miño, reunindo intereses dos dous centros e abarcando todas as idades.
19/12/18
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Esta é a nosa guía deste Nadal, unha pequena selección de boas cousas, para poder botar man dela se o precisades.
20/12/17
LECTURAS POLO NADAL
E chegaron as vacacións, días de descanso onde a lectura é unha boa opción para momentos de lecer. Levamos as nosas bolsiñas de préstamo, pero tamén podemos pedir para a nosa propia biblioteca.
Esta é a selección que recomendamos para agasallar este Nadal: libros e música, para cada idade e para compartir en familia.
Felices Festas!
7/1/15
FESTIVAL DE NADAL 2014
Deixamos un resumo en imaxes do noso tradicional festival de Nadal deste curso, onde demostramos todas e todos as nosas competencias artísticas: canto, interpretación musical, recitado de poemas, dramatizacións e danza. Acompañáronnos as nosas familias e ao remate recibimos a visita de Papá Noel convidado pola ANPA. Unha xornada cultural e festiva coa que rematamos o primeiro trimestre.
17/12/14
GUÍA DE LECTURAS POLO NADAL
Estas son as nosas recomendacións para os agasallos de nadal, de acordo co tema que traballamos este curso, que pretende un achegamento gozoso ao mundo das matemáticas. Ofrecerémolo tamén en formato papel aos nosos usuarios e usuarias, e a quen interese.
Etiquetas:
lectura e matemáticas,
MatematicaMente,
nadal
27/12/13
NADAL RIMA CON FESTIVAL
Na casa da Cultura de Leirado, e moi ben arroupados polas nosas familias, celebramos o festival de Nadal o pasado día 20. Un festival cheo de cantigas, bailes, poemas e teatro, onde amosamos o resultado do traballo realizado.
Puidemos ver coreografías baseadas no libro disco María Fumaça, moi moi festeiro e divertido, bailes populares doutros lugares, teatriños onde os personaxes do Belén vivían situacións disparatadas, escenificación e recitado dunha escolma poética de xogos e arrolos...
21/12/13
BOLETÍN DE NADAL
As nosas recomendacións, conxuntamente co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
Felices festas e que non falten lecturas!
20/12/13
PERSONAXES DE NADAL
Hoxe descubrimos no Portal das Palabras interesante información sobre distintos personaxes tradicionais do Nadal en Europa. Paga a pena tomar un tempo para ler estas curiosidades que nos fan entender mellor as orixes das celebracións nestas datas. Aproveitamos para vos recomendar esta páxina, na que poderemos mellorar o noso galego e aprender moitísimas cousas dunha forma lúdica.
21/12/12
BOAS LECTURAS E BO NADAL
Así foron os últimos días antes das vacacións: empréstitos na biblio, exposición dos traballos do trimestre, exposición de tarxetas, preparación do festival... uffff, canta actividade, un pouco de barullo pero moito que aproveitar. Vexamos:
Para ver e ler os traballos do cómic de todas as clases, visita a páxina DA NOSA AUTORÍA, alí irán aparecendo pouco a pouco. Que as disfrutedes.
Etiquetas:
banda deseñada,
Educación Artística,
lectura,
nadal,
produción
17/12/12
ALIMENTA AS TÚAS VACACIÓNS
Con este lema a nosa Biblioteca convídavos a levar a casa libros, revistas, películas, música... para encher o tempo de lecer nestas vacacións de Nadal, as familias tamén. Podemos elixir durante esta semana na exposición á entrada do cole, nas novidades e recomendacións que van na revista escolar AGROMAR, na propia biblioteca, ou consultando o catálogo en liña.
As bolsas agardan na Biblioteca a que alguén as encha de contido interesante... e nutritivo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















