Mostrando entradas con la etiqueta Somos Auga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Somos Auga. Mostrar todas las entradas

19/6/20

FIN DE PROXECTO

"Fotografía e lema" foi a proposta final para este encontro virtual que remata o noso proxecto deste curso, por non poder ser doutro xeito neste momento difícil. Grazas por asistir, por aportar e compartir!


Todos os traballos quedan reunidos no blog do proxecto:


Parabéns a toda a Comunidade Educativa

28/5/20

AUGA E SAÚDE

Nova  entrega do proxecto Somos Auga dende a casa.
Neste caso o alumnado de 5º, cun informativo sobre a situación da auga en moitos lugares do mundo, nestes momentos e sempre tan importante.
No pasado mes de novembro investigaban sobre un dos dereitos da infancia, o dereito a opinar e participar.
Exercendo ese dereito, investigaron, compartiron, falaron, e agora fano público para o coñecemento de todos e todas.



4/5/20

VIAXE Á ANTÁRTIDA

O alumnado de 6º estaba preparando antes da alerta sanitaria o seu documental "Viaxe a Antártida", xa tiñan a información seleccionada nun mural e tamén AQUÍ  e comezaban a gravar  e intentar dar forma ao seu traballo cando tivemos que quedar na casa.
 Pero foron uns valentes e intrépidos exploradores e "despois de sortear uns cantos icebergs", como nos fai saber a súa profe, conseguiron dar fin, traballando dende a casa, a este produto final da súa tarefa do 2º trimestre. 
Pensaban convidarnos a todo o cole a velo na Biblioteca, pero...de momento vai ter que ser por aquí, así que poñédevos cómodos que comeza a...
VIAXE A ANTÁRTIDA

15/4/20

PROPOSTAS DE MARZO

O pasado mes de marzo comezamos enredando coa poesía de moi variadas formas, relacionada coa auga porque tamén en marzo é o Día Mundial da Auga. 
Ademais propuxemos realizar actividades na semana da prensa tamén relacionadas coa auga: busca e reescritura de noticias.



Pero as circunstancias da alarma sanitaria fixeron que tiveramos que quedar a medias no desenvolvemento destas actividades. No blog do noso proxecto Somos Auga quedan algunhas mostras do traballo realizado coa POESÍA e coa PRENSA ata ese momento.

E así comezábamos as primeiras obras creativas a partir de poemas...



Pero seguiremos en canto poidamos!

12/3/20

RECITADOS DE 2º

Non vos perdades estes recitados dos nenos e nenas de 2º, que prepararon con moito esmero para nós:

28/2/20

LENDAS DE VILAS ASOLAGADAS

Alí onde hai unha lagoa é moi frecuente que haxa unha lenda, relatos fantásticos ambientados en lugares reais, que tentaron ao longo dos séculos  dar explicación ás cousas da natureza e dos homes e mulleres que a poboaron.
Begoña, a nai de Fins, presentou para o alumnado de 5º e 6º lendas de vilas asolagadas. 


Todas elas, entre outras, recollidas neste libriño de Antonio Reigosa, grande experto nestes temas, ilustrado por Noemí López: "Guía ilustrada da Galicia invisible".




Grazas Begoña, por adentrarnos no mundo lendario!


18/2/20

POESÍA E AUGA

Velaquí unha selección de poemas, para todas as idades, relacionados coa auga.
Preme na imaxe para vela ou descargala.

Fotografía de Amalia García Moo

12/2/20

O MUIÑO: INTERPRETACIÓN AUDIOVISUAL

O alumnado de sexto preparou esta interpretación do poema "O muiño" de Manuel María, unha colaboración da materia de Lingua Galega coa materia de Música. Mirade:


Podedes ver máis poemas visuais e musicados no blog de 5º e 6º






23/1/20

SOPA E CONTOS

Coa auga como base e con ingredientes variados, en todo o mundo e en todos os tempos as sopas e caldos son un alimento moi común e saboroso. E como non podía ser  doutra maneira tamén hai contos nos que aparecen as sopas.
Unha suma de ingredientes e unha boa compañía, en A mellor sopa do mundo.

A canción no libro disco "Máis contos en cantos", de Almudena Janeiro, perfecta para completalo. Aquí interpretada con lingua de signos e coa letra, da EI Abelliñas:


Outro para non perder é o conto popular de tradición oral Sopa de Pedra, do que nos ofrece versión en formato libro Darabuc, co título Sopa de nada


A sopa de pedra ou caldo de pedra é un prato tradicional portugués. Velaquí unha versión do conto:



E outra en castelán para escoitar e ler a un tempo:



Gústavos a sopa?

18/1/20

NADARÍN

Comezamos o calendario das Familias Lectoras con Rocío, a mamá de Zoe, que nos ofreceu a historia de Nadarín, de Leo Lionni.



Moita expectación para coñecer a este peixiño valente e a outros animais habitantes das profundidades mariñas.



Pois tal vez nos guste tamén esta animación vista pola rede:

5/12/19

MES DA CIENCIA EN GALEGO

En todos os cursos adicámonos á ciencia no mes de novembro: realizamos investigacións e experimentos  relacionados co noso proxecto "Somos Auga":
  • Infantil peques: Propiedades e usos da auga
  • Infantil maiores: As augas subterráneas
  • 1º: A auga e os seres vivos
  • 2º: Os Polos
  • 3º: Os ríos
  • 4º: O ciclo da auga
  • 5º: A Hidrosfera e a reciclaxe da auga
  • 6º: A auga na nosa función de nutrición, Auga e enerxía, Mesturas con auga.
Explicamos os experimentos aos demais, fixemos conferencias onde intercambiamos a información, e ademais a clase de 6º organizou para toda a Primaria unha caza do tesouro con códigos QR para atopar información dos temas cos que traballaron.

26/11/19

DEREITOS DA INFANCIA

Velaquí os  traballiños de cada aula sobre os Dereitos da Infancia, que fomos quen de relacionar co noso proxecto deste curso, pois xa nos demos conta de que sen auga nada é posible para nós e para o planeta. 

                      

E aínda queda moito por solucionar, tamén o descubrimos nas nosas pescudas, vexamos se non cantos dos obxectivos de desenvolvemento están estreitamente relacionados coa auga:



18/11/19

DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1989 aprobábase na ONU a Convención dos Dereitos da Infancia, ampliando a 54 artigos os Dereitos aprobados no ano 1959. Pero aínda queda moito por facer nalgúns paises ao respecto. Podes ler toda a historia aquí.


UNICEF propón este ano especial a Campaña Educa dando alas, poñendo en valor a participación e a opinión dos nenos e nenas na construción dunha sociedade máis xusta. 


Deixamos aquí tamén os recursos de Rayuela.org 



E  un cartaz para descarga co resumo en dez dereitos, en galego, do Valedor do Pobo.
Agardamos que collades moitas ás neste curso e fagades valer o voso dereito a participar e opinar!

14/10/19

RECURSOS PARA O PROXECTO

Para comezar as nosas investigacións do proxecto abrimos dende a Biblioteca unha selección de recursos na rede, que iremos completando coas aportacións de todas e todos. 



Lembremos os pasos a seguir, con esta clara infografía da BE Canosa Rus.


E por suposto, os libros


1/10/19

NOVO PROXECTO

Todo listo para comezar un novo proxecto. Este curso temos unha proposta ben interesante: 
Pensaches algunha vez que pasaría se faltase a auga na túa vida diaria?
Miraremos este videoclip, falaremos sobre o que nos suxire, farémonos preguntas e investigaremos con que obxectivo foi composta polos seus autores.


Comezamos: