Mostrando entradas con la etiqueta conferencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conferencias. Mostrar todas las entradas

11/11/23

COMPARTINDO EXPERIENCIAS

Esta semana tivemos unha visita moi especial. Compartimos a xornada lectiva con profesorado procedente de Alemaña, que están a desenvolver o programa "Studien Seminar Hannover, erasmus plus".

Interesáronse moito polo traballo da nosa biblioteca e por como traballamos a inclusión de todo o alumnado. 





31/3/12

SEMANA DE CONFERENCIAS

Rematados os traballos nas aulas, ao longo desta semana comunicamos o aprendido aos demais compañeiros/as na Biblioteca.
Educación infantil falounos das clases de peixes do Miño, da vexetación e das aves.
Primeiro e segundo recolleron saborosas receitas de lamprea.
Terceiro e cuarto fixeron un estudo sobre as características e vida da lamprea.
Quinto e sexto falaron dos costumes de pesca da lamprea que existen na zona, das antigas pesqueiras construidas polos romanos e da importancia de respectar o río e conservar as especies.
Escoitamos, fixemos preguntas, contestamos... e aprendemos moito todos e todas.Poderemos ter unha reportaxe máis ampla á volta das vacacións.