Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Mergúllate con nós. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Mergúllate con nós. Mostrar todas las entradas

22/6/23

EXPOSICIÓN FINAL: MERGÚLLATE CON NÓS

A exposición final do proxecto foi todo un éxito!
O cole estivo dividido en 4 zonas: Zona de exposicións, zona culinaria, zona científica con experimentos e museo de arte.
En todas esas zonas, o alumnado explicaba aos visitantes o traballado durante todo o curso e tamén tiñan preparados diversos obradoiros para realizar coas familias e con todos aqueles que se acercaron polo noso cole neste día tan especial:

9/3/23

8 de marzo: AS MULLERES E O MAR

 O pasado 8 de marzo, celebramos o día da muller abrindo as portas da biblioteca a nosa comunidade para poder aprender máis sobre os traballos relacionados con mar que desempeñan as mulleres da nosa contorna. 

Visitounos Filipa da Silva, peixeira. Falounos do seu traballo na praza do mercado, como é o seu día a día e tamén aprendemos moito sobre distintas especies de animais mariños.





10/2/23

11 de febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Para celebrar este día, utilizamos as dependencias da nosa biblioteca para realizar experimentos relacionados co noso proxecto: MERGÚLLATE CON NÓS.

No seguinte taboleiro os podedes ver:

Quen se anima a facelos na casa?

Hecho con Padlet

16/1/23

O NOSO CROMA EN ACCIÓN

 Os alumnos e as alumnas de 4º de primaria fixeron un vídeo no chroma para explicarnos algúns fenómenos mariños como os tsunamis e os maremotos:




Podedes ver máis información no blogue do proxecto


15/12/22

UN MAR DE CAPACIDADES

 Dentro do proxecto anual de centro "Mergúllate con nós", quixemos celebrar o 3 de decembro dunha forma especial.

Entre todos, construimos un barco no que destacamos os beneficios do mar para todas aquelas persoas con capacidades diferentes e tamén coñecemos moitas persoas con discapacidade que conseguiron grandes logros grazas a este medio.




4/10/22

NOVO CURSO, NOVO PROXECTO!!!!

 Abrimos a Biblioteca con ganas e moita forza.

Desta volta o que nos vai recibir é un Pacho moi especial, que parece non querer deixar marchar ao verán.

Un Pacho, especialmente vestido para mergullarse con todos nós nun mar de aventuras e descubrimentos. 

Un Pacho, sempre decidido a acompañarnos polas diferentes andainas nas que nos embarcamos cada ano: co sacho na horta, cargado de pinceis, cos xogos,  mollándonos, cuidando da nosa saúde,  arredor do mundo e neste curso...

Escoita e descubre cal será a andanza deste curso. 

 

                       BENVID@S AO NOVO CURSO!!!