Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca solidaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca solidaria. Mostrar todas las entradas

10/7/26

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA

 O alumnado de sexto de primaria quixeron compartir con nós os seus libros favoritos e así animar ao resto do cole a ler.

Aquí vos deixamos as reseñas, que tamén están na nosa canle de Ivoox.

 

13/10/25

NOVO CURSO, NOVOS VOLUNTARIOS

Este curso @s voluntari@s da nosa biblioteca comezaron con moita enerxía as súas tarefas como axudantes



13/5/24

LETRAS GALEGAS 2024

Durante esta semana, o voluntariado da nosa biblioteca estivo moi entretido colaborando na elaboración do cartel para Festival das Letras Galegas que facemos todos os anos no centro:



9/5/24

UN NOVO AUDIOLIBRO PARA A BIBLIOTECA

Nerea, alumna de 5º de primaria e voluntaria da biblioteca, gravou na radio escolar o conto "O meu irmono", unha divertida historia escrita polo Hematocrítico.

Un novo audioconto para a nosa biblioteca para achegar a lectura a toda a comunidade.

O noso lema: NINGUÉN SEN LECTURA.

15/3/24

NOVOS AUDIOLIBROS NA NOSA BIBLIOTECA

As voluntarias e os voluntarios da nosa biblioteca non paran!  Estes días están na radio gravando novos audios para algúns exemplares da biblioteca. 

Desta forma, facemos a lectura accesible para todo o mundo e todos e todas podemos gozar cun conto.

O noso lema: NINGUÉN SEN LECTURA!