Mostrando entradas con la etiqueta hora de ler. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hora de ler. Mostrar todas las entradas

23/5/26

HORA DE LER NO NOSO COLE

Todas as mañás, durante 20 minutos realizamos a hora de ler no noso centro. 20 minutos de lectura recreativa e silenciosa que o alumando e o profesorado disfrutan antes de comezar coas tarefas da xornada lectiva.










9/6/25

FAMILIAS LECTORAS

 Durante este curso foron moitas as familias lectoras que se achegaron á nosa biblioteca para compartir con nós un momentiño arredor dun libro.

Esta actividade é unha das favoritas do noso alumnado e tamén das familias.

Grazas a todas elas por vir e compartir lecturas con nós.



12/2/25

HORA DE LER

Todos os días comenzamos o día coa hora de ler, momento relaxante e pracenteiro, onde todos/as  gozamos coa lectura. 

Durante os primeiros 15 minutos do día facemos unha lectura silenciosa sostida.

Esta actividade axúdanos a que o hábito lector se afiance coa evolución dos anos.





25/11/24

25N: CONTACONTOS POLAS AULAS E MOCHILAS VIOLETAS

Para reivindicar o día da eliminación da violencia contra a muller, as mestras e os mestres do noso cole repartíronse polas aulas para ler un conto de igualdade na hora de ler.

Ademáis desta actividade, hoxe tamén puxemos en marcha as mochilas violetas, que viaxarán polas casas do noso alumnado levando contos de igualdade e coeducación.

31/10/24

CONTACONTOS POLAS AULAS PARA CELEBRAR O SAMAÍN

 Durante esta semana, o alumnado voluntario da biblioteca foi polas aulas na hora de ler para contar uns contos terroríficamente divertidos:





25/4/24

LECTURA DE CONTOS POLAS AULAS

Durante a semana do libro, os voluntarios e as voluntarias da nosa biblioteca foron polas aulas lendo contos aos demáis compañeiros. Aproveitamos ás horas de lectura para realizar esta actividade:



14/11/23

HORA DE LER

 Todos os días pola mañá, ao chegar á clase, facemos 15 minutos de lectura recreativa na aula.

Esta é a nosa hora de ler:




2/11/23

Comezamos a actividade de FAMILIAS LECTORAS

Este mes de novembro damos comezo á actividade de FAMILIAS LECTORAS, que, como xa sabedes, consiste na asistencia das familias á nosa biblioteca para contar un conto.
Esta actividade desenvólvese durante a hora de ler, que todos os días realizamos ás 9:30h da mañá.




26/11/22

OS BOS HÁBITOS NON SE PERDEN: A HORA DE LER

Comenzamos o día coa hora de ler, momento relaxante e pracenteiro, onde todos/as  desfrutamos coa lectura. 

Todas as titoras completan a  biblioteca de aula e durante os primeiros 15 minutos do día faremos unha lectura silenciosa sostida.

A medida que vai avanzando o curso escolar, nótase como aumenta a concentración dos lectores. O hábito lector vaise afianzando coa evolución dos anos. Sería de destacar a modelaxe feita polo profesorado acompañante na hora de ler, inflúe positivamente nesta actividade.








 








29/9/21

VOLTAMOS Á ESCOLA

Ben vidos, ao novo curso!!!!
Iniciamos e non perdemos o tempo, despois destas longas vacacións, collemos un libro  e empezamos a disfrutar.

 

23/9/20

VOLTA Á ESCOLA, VOLTA ÁS RUTINAS DE LECTURA

Un pracer tervos a todos e todas de novo na escola. Retomamos os nosos momentiños de entrada, pracenteiros, relaxantes e saborosos.


Moi pronto novas da Biblioteca, que estará lista para usar a próxima semana.


20/10/17

HORA DE LER INCLUSIVA

Todo é posible cando se pon intención: como facer que a Hora de Ler sexa un momento pracenteiro na aula para todos e todas. Un exemplo da aula de 2º de Primaria, que visibilizamos aquí reproducindo o que a mestra nos conta no seu blog de aula.

" Iniciamos o día coa Hora de Ler.
Cada quen sabe o que ten que facer.
Distribuímonos polas mesas, nos dous ordenadores e no Cantiño da Lectura.
Esta é a nosa última sección. A intención era de que fose un lugar agradable para ler no que promover unha lectura inclusiva e fomentar a lectura. Unha zona da aula onde todos estamos desexando ir pois alí atopámonos tan cómodos coma no sofá da nosa casa.
Cada quen aporta a súa sabiduría, o bon facer, os seus coñecementos lectores (Xa son moitos que estamos en 2º!!!), ou as súas habilidades sociais.
É sorprendente o moito que aprendemos todos!
Compartimos con vós estes fermosos momentos."

            

9/12/16

DOUS CLÁSICOS COAS FAMILIAS

Comezamos este curso a Hora de Ler coas familias, Con Óscar e máis Estela.
Óscar leu para E. Infantil "A galiña roxa", a galiña que sementa, recolle, moe, amasa e coce o pan.


Deixamos aquí outra versión en vídeo para ver e escoitar cando queirades:

          
        

Para 5º e 6º de Primaria Estela leu "As mazás da prosperidade", unha versión do clásico de Hans Christian Andersen que podedes ler tamén AQUÍ


Mirade como aos grandes tamén nos gusta que nos lean:

 


5/6/14

HORA DE LER

Esta vez si entramos, en silencio, intentando non molestar...
Un paseo polas aulas do cole durante a "Hora de Ler":

HORA DE LER on PhotoPeach

7/10/13

SILENCIO: HORA DE LER

Este curso todas as clases elaboraron un "colgaportas" para a Hora de Ler. Vaia silencio  en todo o cole!, a fotógrafa non se atreveu a entrar, pero deixou a proba de que pasou por alí:

     

19/9/13

XA LEMOS...

É  "Hora de ler" na escola,  novos lectores e lectoras establecen o seu persoal contacto cos libros, momentos que crearán vínculos estreitos coa palabra escrita, coa ilustración, os contos e o coñecemento. 
Bo proveito!



27/9/12

EN MARCHA!

A Biblioteca xa está en marcha. Un novo equipo de axudantes de 6º xa comezou a practicar e aprender para axudarvos a todos e todas. Dámoslles as grazas polo seu compromiso coa lectura e coa Biblio.


Os libros xa comezaron a circular polas aulas, onde estabades desexando comezar coa "hora de ler":






E tamén no recreo, para elixir o que queremos levar a casa:




28/4/12

HORA DE LER COMPARTIDA

Durante esta semana, cada día unha lectura, cada día uns lectores diferentes, cada día esperando a ver que conto nos tocaba... Unha hora de ler distinta...e especial: