Mostrando entradas con la etiqueta e-lectores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta e-lectores. Mostrar todas las entradas

31/5/18

LECTURA DIXITAL: SEGUIMOS AVANZANDO

Grazas a continuar no Proxecto ELBE xa dispoñemos de tablets e, ademais, da valiosa oportunidade de utilizar libros electrónicos en préstamo, de xeito experimental. Xa probamos e de momento imos moi interesadas



 O caso é que tamén nas aulas gañamos unha ferramenta estupenda  para o traballo coa información... e para o traballo en equipo.

 Que non falten oportunidades para estes nenos e nenas con ganas de aprender!!

25/10/16

LECTURA DIXITAL

A Editorial Weeble é un proxecto que pon á nosa disposición libre numerosos libros en formato dixital. Unha actitude xenerosa das persoas autoras, ilustradoras e promotoras. Podemos encontrar algúns en galego, traducidos tamén de maneira altruista.
Intentaremos introducir algúns destes libros nos lectores electrónicos. 
Mentres, deixamos un aquí, un exemplo para que valoredes vós mesmos esta  iniciativa.

http://issuu.com/editorialweeble/docs/el_libro_magico_de_la_naturaleza?e=10773840/36243953

21/5/15

PRÉSTAMO DE LECTORES ELECTRÓNICOS

Este curso dous lectores electrónicos xa sairon da escola, ás casas do alumnado de 6º durante todo o curso. Quixemos saber a valoración dos usuarios/as, e isto foi o que nos contaron:
Atopámonos con que algúns lectores e lectoras introduciron no dispositivo algunha opinión e ata un pequeno relato. Para isto o usuario ten dúas opcións:
  • Sobre unha palabra do libro, por exemplo o título, introducir un subliñado e redactar unha nota, os seguintes usuarios ao ver esa palabra remarcada saberán que hai unha nota para ler.
  • En "aplicacións" ir a "anotacións de texto" e aí tamén podes escribir. Os demais usuarios accederán premendo en "Ver todas as notas".



11/5/14

FUNDAS PARA OS LECTORES ELECTRÓNICOS


Xa temos fundas para os nosos lectores, realizadas artesanalmente con tapas de libros, ben coa cuberta orixinal, ben pegándolle outra ilustración. Unha idea que nos gustou e que vimos aquí. 
Libros dentro de un libro. 



Grazas á profe Conchi, polo deseño e realización. Quedaron chulísimas!!

28/4/14

OUTROS USOS DOS LECTORES ELECTRÓNICOS

Ao longo deste curso xa nos familiarizamos con este soporte de lectura, durante os momentos da Hora de Ler. Agora imos contemplar posibilidades que ofrecen para outras tarefas: subliñar, tomar notas, buscar en internet, introducir os nosos propios textos... Adicaremos unha sesión a falar disto, en 4º, 5º e 6º. 
Para guiarnos, deixamos esta presentación, e para practicar un texto de tipo expositivo que introducimos no lector.

Lectores electrónicos


More PowerPoint presentations from CEIP DE LEIRADO

17/10/13

COÑECENDO OS LECTORES ELECTRÓNICOS

Este curso incorporáronse á nosa Biblioteca cinco lectores electrónicos, dentro do Proxecto E-LBE da Consellería de Educación. Estamos intentando aprender a utilizalos, familiarizarnos con este novo soporte de lectura. Polo de agora só iso, máis adiante xa veremos, rapaces e rapazas... Que opinades?