Mostrando entradas con la etiqueta escribir. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escribir. Mostrar todas las entradas

29/4/22

CONTOS COLABORATIVOS

 Outra das actividades que propuxemos para festexar o Día do Libro foi a confección de contos colaborativos interniveis, nos que participou todo o alumnado do centro! Cada un dos libros comeza cos más pequen@s de Infantil e, curso por curso, e vaise completando a historia ata que sexto lle pon o broche final.   

Naceron así estes oito relatos cooperativos da nosa colleita que compartimos.

4/6/21

CUARTO COA SEÑORITA BUBBLE

 Despois da lectura o alumnado de 4º indagou sobre a autora e o ilustrador, sobre a máquina de vapor...e presentounos aos personaxes neste atractivo mural que convida a achegarse e ler!











27/4/21

VEXO, VEXO, QUE VES?

 Un libro, unha idea...


Baseándonos na proposta do libro "Veo veo ¿que ves?" xogamos a mirar doutro xeito, a ver máis alá da imaxe e a crear. Deseñamos personaxes e ambientes e, como non, tamén textos que os acompañen. Pasámolo moi ben creando este libriño entre todo o cole, que agora xa está na nosa Biblioteca. Premendo na imaxe podes ver o proceso e dar unha volta polo seu interior!!


30/10/20

COMPARTIMOS CONTOS DE MEDO

Reunímonos virtualmente para compartir as nosas creacións cos demais grupos. Vémonos, escoitámonos e lémonos dende as aulas,  cos contos de medo que fixemos, individuais, de equipo, grupais, diversos...tod@s. 

Unha celebración diferente, pero rica igualmente.

Parabéns artistas!!


Hecho con Padlet

20/10/20

CONTEMOS OS MEDOS

Achégase o tempo de Samaín, e o medo, coma sempre, será protagonista.

CONTEMOS OS MEDOS!

Propoñémosvos narrar o medo, elaborar relatos nos que representemos algún tipo de medo e como o afrontan os/as personaxes. Tamén como consiguen triunfar sobre el. Atréveste?

Seguro que algúnha vez liches un relato de medo. Pois esta vez serás o creador ou creadora!!

Aí van unhas axudas que atoparás na Biblioteca:



Ou estes dados dispoñibles na rede:





Non esquezades compartilos para que todos poidamos lelos, ou escoitalos, ou velos...👹😀😵😮


31/1/20

SOPAS EN PAZ

O noso Día escolar pola Paz xirou arredor do libro "A mellor sopa do mundo". Tartaruga so puxo unha ola de auga a ferver, o resto puxérono os seus amigos, e entre todos conseguiron unha exquisita sopa da que gozaron á caloriña dun fogar. 
Isto foi o que fixemos:
  • Aprender a canción que nos acompañou durante o mes de xaneiro nas entradas e saídas.
  • Lectura de voluntarios e escoita do conto na Biblioteca.
  • Reflexións e escritura de receitas de sopas pola Paz.
  • Elaboración de sopa polo alumnado de E.Infantil.
Cooperación,  ingredientes que suman, o confort dunha boa compañía...é alimento para todos. 




18/1/20

O QUE LEMOS

Experiencias lectoras compartidas na biblioteca:




Grazas á profe de prácticas, Sheila, que nos suxeriu este formato para a presentación de traballos. Se tes suficiente espazo podes expoñelo formando unha estrela. Cando se pecha, é un libro😍😍😍



30/10/19

DÍA DA BIBLIOTECA: CREANDO

Xa queda pouco para que poidamos gozar plenamente da nova Biblioteca, pero non quixemos deixar pasar o seu Día sen celebralo. A nosa proposta centrouse no uso dos recursos do espazo creativo para deseñar personaxes monstruosos para este Samaín. 
O xogo Monster Kit, que está recomendado para os máis novos pero gusta a todas as idades, foi o punto de partida para crear os nosos personaxes e facer a súa descrición.





Pero tamén houbo quen se atreveu a crealos con pezas de Lego e outras.




Ou a facer un monstro electrizante:


Agora podemos velos todos onda a nosa exposición de cabazas e motivos de outono realizadas polas familias.

22/1/17

INDAGANDO NAS NOSAS CASAS

Case todos nós temos unha horta familiar, pero ¿sabemos que se fai e como se fai? A proposta do equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, fixemos a tarefa de recoller información nas familias sobre os costumes e usos tradicionais nas hortas e sobre os traballos que se fan nelas. De seguro que moitas cousas nos estaban pasando desapercibidas. 
Na escola redactamos a información recollida para compartir.
Moitas grazas familias!









1/2/16

DÍA DA PAZ 2016

Durante a pasada semana realizamos as actividades propostas: lectura de imaxes, lectura de noticias e información, expresión oral e escritura de opinións. Expuxemos os nosos traballos para compartir con todos e todas, neles reflíctense ben os desexos de Paz do alumnado despois de coñecer a actual e triste realidade das persoas que sofren as consecuencias das guerras.



Carmen, Mario, Esther e Dani, axudantes da Biblioteca, leron para todos nós "El pez arcoiris".




 O peixiño sentiuse feliz cando compartiu as súas brillantes escamas cos demais peixes. Empatía e  xenerosidade, imprescindibles para a convivencia en paz.  
Rematamos cantando todos xuntos "Apertas que voan" do libro disco "Brinca vai".

20/1/16

OUTRAS RAZÓNS PARA CAMIÑAR

Camiñar é unha actividade pracenteira para visitar pobos e cidades, gozar de paisaxes naturais e coñecer xentes de diferentes lugares, como estamos vendo a través dos traballos do noso proxecto. Pero hai outras razóns para camiñar non tan pracenteiras: FUXIR. Iso é o que está a ocorrer en diferentes lugares do mundo por causa das guerras. Para o Día Escolar pola Paz ímos tentar por un momento poñernos na pel desas persoas e reflexionar sobre esta realidade, tan tráxica como innecesaria.

       
Realizaremos tarefas de lectura a través de imaxes e noticias, expresaremos o noso sentir e a nosa opinión sobre o mundo que queremos.
Información UNICEF ( Fondo da ONU para a infancia)
Información ACNUR (Axencia da Onu para os refuxiados)

18/6/14

OS NOSOS LUGARES

Nesta última semana do curso expoñemos os traballos que fomos realizando durante este trimestre relacionados co noso proxecto "Vivir xuntos". 
Fixemos fotografías dos lugares que frecuentamos no noso día a día e tamén lugares que teñen valor paisaxístico ou histórico. Logo nas aulas escribimos o que sabemos sobre eses lugares e todos e todas aprendimos cousas que nos contaron os demais. Cando recollamos a exposición faremos un libriño para a Biblioteca. 
                                                                                     
Tamén no 2º e 3º ciclo realizamos maquetas de espazos comúns nos que convivimos: a aula e a escola, e a estrutura dunha vila. Tivemos que aplicar moitos coñecementos e unha grande dose de observación!








16/12/13

ASÍ SOMOS

Durante este trimestre, para coñecernos mellor falamos de nós mesmos, de como nos vemos e de como nos ven os demais. Deseñamos un autorretrato, escribimos autobiografías, presentamos á nosa familia, contamos e compartimos:
   

Vexamos  como nas aulas de Infantil se coñecen mellor a través da actividade "O protagonista da semana". Velaquí dous exemplos, se tedes curiosidade e queredes ver máis, pasade polos seus blogues de aula.